App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

Ansemil-Martixe celebra o día 20 de abril a primeira edicición da Festa dos Callos e estrena a Foliada da Pereiriña

A parroquia de Ansemil-Martixe estrea o vindeiro sábado día 20 de abril unha dobre cita festiva: a Festa dos Callos e a Foliada da Pereiriña. A celebración comezará ás 13.00 horas no campo xunto ao centro social da localidade, onde se instalará unha carpa con calefacción. Na cita musical, actuarán nove formacións tradicionais da comarca. Ademais do grupo anfitrión (Gaiteiros da Pereiriña), actuarán outros catro grupos silledenses: O Son da Fervenza, Pau de Buxo, Lume na Lareira e o grupo de gaitas de Xirandola. Tamén sonará a música de As Ruadeiras de Loimil, Xuntanza dos Regatos e as pandereteiras Lilaila de Orazo.

O xantar, que comezará sobre as 15.00 horas, contará no menú con empanada, callos, pan, viño postre e café, por 10 euros. O prezo para nenos de 6 a 12 anos é de 5 euros e os menores de 5 anos non pagan. As entradas están á venda dende mañá na taberna de Isabel Ubaldo (Martixe); en Silleda (Casa da Cultura e Bodegón Ester); na Bandeira (A de Filo e Arume); no Bar Sanse (O Castro) e en A Nosa Taberna, de Breixa.

A cita está organizada pola Asociación de Veciños de Ansemil-Martixe e a Asociación Cultural e Musical A Pereiriña, que toma o nome do lugar onde se celebra a festa.

Na presentación, que tivo lugar hoxe na localidade, participaron membros dos dous colectivos. Ana Mª Guzmán, explicou que están previstos menús para unhas 300 persoas e que a idea xurdiu do “bo facer das cociñeiras da parroquia”, que se xunta todos os sábados para celebrar ceas, e porque no municipio non había ningunha exaltación deste produto.

A alcaldesa, Paula Fernández Pena, que acudiu á presentación xunto ao concelleiro Manuel Cuíña, destacou a dinamización social de Ansemil-Martixe, onde se xuntan todos os veciños e veciñas e reiterou o apoio do concello a esta “festa que nace con fundamento, cun produto de calidade, e un compoñente cultural, ao dar a coñecer o bo facer dos grupos de música tradicional da comarca e do municipio de Silleda”, engadiu convidando aos cidadáns a acudir á celebración.

 

Publicado: 00/00/0000