App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 18/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 5
Máxima: 21
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

A mellora da área do muiño de Covián continuará coa colocación de paneis e sinais

A Concellería de Medio Ambiente e Medio Rural de Silleda, que dirixe Antonio Couso, acometará nas vindeiras semanas a sinalización da área recreativa do Muíño de Covián, na parroquia de Rellas. Unha vez rematada xa por completo a construcción  da pasarela de madeira, que une as dúas beiras do río Toxa, a recuperación desta fermosa área continuará coa dotación de paneis informativos e sinais indicadoras para chegar ata este paraxe.

Antonio Couso explica que na propia área instalarase un panel con información sobre a flora e fauna autóctona deste entorno. Tamén no Camiño de Santiago, que pasa moi preto desta área, se colocará outro panel no que se recollerán as características da área e o seu grande protagonista, o muíño de Covián, que data de 1810 e que, con 4 infernos, é considerado como o maior da comarca de Deza, cunha superficie de 82 metros cadrados. Este panel colocarase preto da Ponte da Pedra, en Chapa, a apenas 100 metros da área, e estará dispoñible en galego, castelán e inglés.

Do mesmo xeito, e co ánimo de facilitar o acceso a visitantes, turistas e peregrinos que desexen coñecer este entorno único, tamén se colocarán sinais indicadoras na N-525 e na N-640, coa preceptiva autorización do Ministerio de Fomento.

“Unha vez que estén colocados estes paneis, continuaremos mellorando este entorno coa limpeza e adecentamento da área recreativa, de cara á tempada estival”, engada Antonio Couso.

Ata 300 kilos ao día e un entorno de 11.500 metros

Polas súas dimensións e entidade, o de Covián é un dos muíños máis destacados da comarca. Tal foi a súa importancia durante o século XIX que, coas 4 moas, chegou a moer ao día 300 kilos de gran. O muíño está rodeado dun entorno natural e paisaxístico de 11.500 metros, unha área agora visitable a pé grazas á pasarela de madeira que une todo o entorno.

O Concello de Silleda iniciou a súa recuperación no ano 2007, durante o mandato de Paula Fernández, a través do Obradoiro de Emprego Ponte da Pedra I, que contou cos módulos de forestal, canteiría e carpintería. “Agora con estas actuacións rematados o traballo iniciado entón e poñemos en valor esta área, moi importante dente o punto de vista patrimonial, etnográfico e turístico”, engade Couso, explicando que a inversión do departamento municipal ronda os 10.000 euros.

 

 

 

Publicado: 22/04/2013