App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 20/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 5
Máxima: 19
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O Mosteiro de Carboeiro amplía o seu horario de visita

O mosteiro de Carboeiro contará a partir de  hoxe xoves co horario de verán , estando aberto ao público o edificio para a súa visita ata as 20.00 horas. Este cambio chega aproveitando a ponte festiva de maio, e a coincidencia tamén o vindeiro sábado 18 do día dos museos. O mosteiro pecha todos os luns, como é habitual, e o horario será pola semana, de martes a venres, de 11.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Na fin de semana, os sábados e domingos, xornadas de maior afluenza, o horario será continuado dende as 11.00 ata as 20.00 horas.

O sábado 18, entrada gratuita

Este horario ampliado manterase, como vén sendo habitual,  ata o vindeiro mes de outubro. Así mesmo, este sábado día 18 de maio, coincidindo co Día Internacional dos Museos, non se cobrará taxa de entrada ao mosteiro, tal e como se recolle na ordenanza correspondente, xunto ao día 25 de xullo  e pola Festa de San Lourenzo de Carboeiro.

A tarifa xeral de entrada e de 1 euros, aínda que hai desconto (0,70 euros)  para maiores de 65, mozos maiores de 16 anos con carné xove ou de estudante, familias numerosas que o acrediten e grupos. 

Publicado: 18/05/2013