App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 20/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 5
Máxima: 19
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

A Festa da Empanada da Bandeira, a procura da declaración de Interese Turístico Nacional

 

Centos de persoas asistiron o pasado día 20 de xullo no Centro Gallego de Santander á presentación da Festa da Empanada da Bandeira, que foi protagonista da xornada festiva na capital cántabra, que está a celebrar estes días a súa Semana Grande.

Ata alí desprazouse a directiva da Asociación de Amigos da Empanada, presidida por Diego Cuíña, acompañados do alcalde silledense, Manuel Cuíña, a senadora Paula Fernández, e o concelleiro de Turismo, Klaus Brey.

A xornada comezou ao mediodía nas casetas instaladas na famosa praia do Sardinero onde xa se promociounou a veterana cita gastronómica silledense. Xa pola tarde tivo lugar o acto de presentación no Centro Gallego, na rúa Hernán Cortes, que abriu o presidente da entidade, José Antonio Otero.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, falou do significado da Festa da Empana, a máis veterana das numerosas citas gastronómicas do municipio, así coma dos seus recursos turísticos e atractivos. Tamén Paula Fernández reseñou na súa intervención as potencialidades das terras de  Trasdeza, en pleno corazón de Galicia.

Diego Cuíña pechou as intervencións falando da traxectoria da Festa da Empanada que o vindeiro día 17 de agosto cumpre 39 anos, e de cómo se desenvolve esta celebración, que cada terceiro sábado de agosto xunta a milleiros de persoas en torno ao prato máis versátil da gastronomía galega.

O acto, que encheu o centro santanderino, continuou despous cunha degustación a base do plato estrela da xornada, chourizo, queixo e viño da zona.

Dende a directiva, Cuíña agradeceu ao Centro Gallego a gran acollida que tiveron así como as empresas patrocinadoras que fixeron posible a visita á cidade, coa que se inicia a andaina promocional para lograr a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional.

A directiva de Amigos da Empanada traballa xa na programación doutra presentación en territorio nacional, coa cidade de Valladolid no punto de mira

Publicado: 30/07/2013