App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 20/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 4
Máxima: 19
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O mosteiro de Carboeiro acolle tres exposicións durante a tempada estival

A sala de exposicións do Mosteiro de Carboeiro acolle nos vindeiros meses tres mostras, complementando a oferta para os milleiros de visitantes que se achegan ata este monumento histórico-artístico.

Así, na sala continúa a mostra que reproduce unha escola tradicional do rural de mediados do século pasado (1940-1950), onde o público pode ver varios pupitres de distintas escolas, o encerado, a mesa e cadeira do profesor, así como diverso material escolar da época: mapas, libros, pizarras, pizarríns, cadernos,....

Estas pezas pertencen á Casa do Patrón de Doade (Lalín),  un Museo Etnográfico que conta con máis de 2000m2 distribuídos en tres edificios, onde se expoñen máis de 3.500 pezas recollidas por toda a xeografía galega.

Dende esta semana tamén se pode ver en Carboeiro a mostra fotográfica sobre o Entroido da Ulla, que se presentou o pasado mes de xaneiro no Museo do Pobo Galego, con motivo da declaración desta celebración ancestral como Festa de Interese Turístico. A mostra conta con 12 paneis con fotografías de gran formato e calidade que reproducen distintas fases dos atranques ou altos dos xenerais, unha tradición que se celebra nas diferentes parroquias de 8 concellos que manteñen viva esta manifestación cultural do século XIX, entre eles o de Silleda.

A mostra que xa estivo noutros municipios como Boqueioxín e anteriormente Vedra e A Estrada, poderá verse ata outubro e posteriormente trasladarase a Touro.

Retrospectiva permanente do mosteiro

Ademais destas dúas exposicións, tamén continúa nas paredes do mosteiro a exposición con fotografías antigas do mosteiro, algunhas dos anos 30 antes da restauración deste destacado cenobio románico, fundado no século X.

“Con estas mostras queremos complementar a oferta dos milleiros de turistas que se achegan ata Carboeiro e o seu entorno, e que seguro continuarán en ascenso durante estes meses de verán”, sinala a concelleira de Cultura e Turismo, Margarita Campos.

 

 

 

 

Publicado: 18/06/2014