App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

Listas as unidades didácticas sobre o Entroido do Ulla

Silleda, 26 de xaneiro de 2015. Hoxe celebrouse na aula gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago a presentación do programa de actos do Entroido da Ulla, así como da cartelería, a nova web do grupo e outro material novidoso como a unidade didáctica para o alumnado de Infantil e Primaria que se elaborou dende Xenerais da Ulla.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, que hoxe acudiu á presentación, avanza que a vindeira semana manterá un encontro cos directores/as dos distintos centros educativos do municipio para entregarles exemplares desta unidade didáctica, que inclúe tamén cadernos prácticos para achegar aos máis novos os aspectos e curiosidades “de unha tradición única da que Silleda tamén é protagonista”, engade.

O interese por esta tradición chega tamén dende centros de municipios limítrofes que se interesaron por esta festa ancestral. Así mesmo, e tal e como se anunciou hoxe en Santiago a unidade didáctica estará a disposición das persoas e centros interesados na web www.xeneraisdaulla.com, para ampliar esta “interesante aportación sobre o noso entroido”, engade Cuiña.

Así mesmo, ademais dos carteis e folletos co calendario do Entroido da Ulla, que en Silleda abrirá a parroquia de Lamela o vindeiro sábado día 7 e continuará A Bandeira os días 13 e 14, tamén se presentaron as publicacións do Entroido Gastronómico e de Turismo Rural.

Silleda figura nesta publicación con oito establecementos de restauración (Casa da Xantar A Culler, Restaurante Ricardo, Casa Grande de Fuentemayor, Restaurante Coteliño, Restaurante González, Casa Victorino, Restaurante Conde Rey e O Que Dirán), que ofrecen distintos menús con pratos típicos do entroido, e a Casa Cacheiro de Turismo Rural, coa súa oferta especial para estas datas.

“A dinamización do noso sector hostaleiro é outra das claves do programa do Entroido da Ulla, con unha oferta moi variada”, engade o alcalde.

Cita en Fitur

Precisamente a gastronomía dos municipios da Área de Santiago será unha das protagonistas da presentación na Feira Internacional de Turismo (Fitur) da Área de Santiago, formada por 16 municipios.

A cita será este xoves día 29  ás 11.30 horas no stand de Turgalicia dentro da feira, que se celebra no recinto do Ifema. Manuel Cuiña será un dos alcaldes que interveña nesta presentación, na que precisamente falará da estrea dos folletos relativos ao turismo gastronómico. As carnes, melindres, o pan ou outros ingredientes típicos do municipio de Silleda estarán presentes xunto á oferta do resto de municipios.

Promoción no partido do Obradoiro

 

Por outra banda, o vindeiro sábado día 31 tamén terá lugar en Santiago outro acto promocional do grupo no pavillón multiusos, durante o encontró do Obradoiro Río Natura CB, ás 20.00 horas. Non faltarán os vivas dos xenerais da Ulla, unha mostra fotográfica ou o sorteo de dúas cestas de produtos gastronómicos. Silleda tamén estará presente coa aportación de unha cesta, elaborada pola artesana de Graba Carmen Recimil, e os melindres de Tábora e Dulce Deza.

Publicado: 28/01/2015