App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 22/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 9
Máxima: 18
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O mosteiro de Carboeiro aplica xa dende maio o horario de verán

Silleda, 30 de maio de 2015. A partir de mañá o mosteiro de Carboeiro ampliará o seu horario de visita. Con este novo plan, que se comeza a aplicar xa mañá, dase por establecido o  horario de verán.

Así, o mosteiro abrirá todos os días, de martes a domingo (os luns estará pechado) en horario de 11.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Xa no pasado mes de abril se ampliou o horario de visitas, deixando atrás as quendas do inverno, cando o mosteiro sólo se podía visitar, -debido as condicións lumínicas-ata as 17.00 horas. O mes pasado abriu xa ata as 19.00 horas, coincidindo co cambio horario e o aumento de horas de luz.

“Con esta nova ampliación seguimos a facilitar o acceso de público ao mosteiro de Carboeiro, un dos lugares máis visitados da comarca do Deza”, apunta o alcalde, Manuel Cuiña.

O rexedor lembra que o rexistro de entradas a esta xoia do románico segue a batir récords cada ano.

Así, o pasado mes e durante as datas da Semana Santa, notouse un considerable aumento nas entradas. En tan só 5 días accederon ao mosteiro 896 persoas. A xornada do venres santo foi a de maior afuenza, con 346 visitantes, seguida do xoves, con 216, o sábado con 168, o domingo de Pascua, con 134 e o mércores, con 32 entradas.

 

 

Publicado: 05/05/2015