App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 20/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 4
Máxima: 19
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O mosteiro de Carboeiro abrirá todos os días durante xullo, agosto e na primeira quincena de setembro

Silleda, 20 de xuño de 2015. O mosteiro de Carboeiro ampliará o horario de visita durante a tempada estival, para facilitar o acceso a este enclave patrimonial e turístico.

Así, e logo da incorporación nos últimos días do bolseiro de Turismo da Deputación de Pontevedra, Roque Soage, que atenderá aos visitantes, xunto coa bolseira de Feuga, Isabel Sobrado, dende o departamento municipal de turismo xa se pechou a programación de verán con novos horarios.

No meses de xullo e agosto e ata o día 15 de setembro o mosteiro estará aberto todos os días. O horario será de luns a venres de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas. E como novidade, durante a fin de semana, os sábados e domingos o horario de apertura será, de xeito continuado, de 11.00 a 20.00 horas.

Dende o Concello de Silleda xa se viña apostando nos últimos dous anos por abrir o mosteiro, na época estival –de maior afluenza de visitantes- durante todos os días.

Con esta iniciativa facilítase o acceso ao mosteiro, considerada unha das xoias do románico oxival galego, que segue a aumentar ano tras ano o número de visitantes. En 2014 foron máis de 16.000 as persoas que se achegaron ata Carboeiro, unha cifra que batiu récords de afluencia, convertindo ao mosteiro e o seu entorno nun dos enclaves máis visitados da comarca do Deza.

 

 

Publicado: 00/00/0000