App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 18/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 5
Máxima: 21
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O mosteiro de Carboeiro contará con horario de outono a partir do 14 de setembro

Silleda 9 de setembro de 2015. O mosteiro de Carboeiro contará con novo horario de visita a partir da vindeira semana, iniciando xa o horario de outono. Así, volverá pechar ao público na xornada (o luns 14 xa estará pechado) e abrirá todos os días en horario de 11.30 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas.
O mosteiro estivo aberto ao público todos os días dende o pasado 29 de xuño, ,atendido pola bolseira da Feuga, Isabel Sobrado, -que continúa- e por Roque Soage, bolseiro de Turismo da Deputación de Pontevedra que remata o contrato a  vindeira semana.
A concelleira de Turismo, Ana González Costa, destaca o traballo realizado polos dous guías en Carboeiro, punto de información turística do municipio.
Dende o Concello de Silleda xa se viña apostando nos últimos dous anos por abrir o mosteiro, na época estival –de maior afluenza de visitantes- durante todos os días.
Con esta iniciativa facilítase o acceso ao mosteiro, considerada unha das xoias do románico oxival galego, que segue a aumentar ano tras ano o número de visitantes. En 2014 foron máis de 16.000 as persoas que se achegaron ata Carboeiro, unha cifra que batiu récords de afluencia, convertindo ao mosteiro e o seu entorno nun dos enclaves máis visitados da comarca do Deza.
Novo récord en agosto
Os datos ascendentes de visitas quedan confirmados cos datos do último mes de agosto, no que se rexistraron un total de 3.600 visitantes, unha cifra considerable tendo en conta que en agosto de 2014 foron 2.287 as persoas que accederon ao mosteiro. En 2013 a cifra de agosto, un dos meses de maior afluenza foi de 2.156 personas.
O balance deste verán prevese tamén de récord. En xullo a cifra de visitantes foi de 1.692, superando os datos do mesmo periodo de 2014 (1.136) e de 2013 (1.135).  En xuño a cifra foi aínda maior con 2.225 entradas (o pasado ano foran 1.698 e en xuño de 2013 acadáronse 924 visitas).
 
 

 

 

 

Publicado: 10/09/2015