App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 23/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 15
Máxima: 22
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O Concello de Silleda propón a difusión de 4 zonas do municipio como miradoiros

Silleda, 2 de xaneiro de 2016. O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Turismo, proporá á Xunta de Galicia a inclusión de varios enclaves do municipio como miradoiros para a súa promoción a través do portal web turismo.gal.

Xa se están a preparar as fichas para remitir ao departamento autonómico, que solicitou información sobre zonas que poidan considerarse como tales para a súa promoción a través da citada web.

Dende o departamento municipal de Turismo propóllense en concreto 4 ubicacións: o monte de San Sebastián, en Moalde, xunto á capela, un dos puntos máis altos do municipio xunto co Candán; o castro de Toiriz, moi preto de Silleda e tamén con amplas vistas, e outros dous na serra do Candán.

Ademais do alto do Penadoiro, situado en plena Rede Natura, subindo a estrada de Laro, tamén se busca sinalizar outro situado na mesma vía, nun tramo da antiga estrada.

“Son ventanas á nosa paisaxe que queremos sinalizar e promocionar para que pasen a formar parte da nosa ampla rede de recursos turísticos”, apunta a concelleira de Turismo, Ana Luisa González.

Así mesmo, a concelleira destaca que nos catro casos se cumplen os requisitos para ser considerados miradoiros, con puntos accesibles e con amplas a divisar.

Nos vindeiros días remitiránse a Turismo de Galicia as correspondentes fichas destes 4 emprazamentos para a súa correspondente difusión.

 

 

 

Publicado: 05/01/2016