App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 20/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 4
Máxima: 19
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O programa de entroido de A Bandeira presenta este ano varias novidades

A Asociación Cultural Xenerais do Entroido de A Bandeira veñen de presentar no centro Cultural Vista Alegre o programa para os carnavais deste ano.

As principais novidades que recolle o cartel comezan cun día máis de celebración en relación aos anos anteriores, xa que o vindeiro 16 no centro cultural, Xosé Ramón Mariño Ferro, profesor de Antropoloxía Cultural da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, impartirá unha conferencia que leva por nome “O Entroido ou os praceres da carne”. Neste acto, que comezará ás 20.30 horas, analizará esta festividade a nivel cintífico e a sua función dentro da sociedade en xeral, e dentro da galega en particular.

Asemade, tamén contempla o cartel unha exposición de fotografías de entroidos tradicionais en diferentes puntos da xeografía galega. Os interesados poderán visitar esta mostra, prestada polo Concello de Pontevedra, nos edificios públicos de A Bandeira (o ambulatorio, o centro cultural, e o auditorio) a partir de mañá.

Segundo informaron durante a presentaciónl, por cuarto ano consecutivo, celebrarán a Gran Vellada co Tractor Filloeiro; consiste na ornamentación dun destes vehículos agrícolas co seu remolque, con xestas e outros arbustos endémicos para pasear polo casco urbano e repartir filloas e chourizos entre o público, mentres os da carroza van vestidos de señores maiores e a charanga Leda se ocupa do acompañamento musical. Coa Vellada pretenden representar a entrada do entroido en A Bandeira.

O sábado 18 será, unha vez máis, o gran día. A xornada festiva comezará ás 12.30 horas coa presentación dos Cabezudos de A Bandeira que se confeccionarían previamente nun obradoiro, que se estrea esta edición, e co que se pretende recuperar a tradición do desfile destas máscaras pola vila, algo que se perdeu co paso dos anos. A continuación terá lugar o Gran Concurso-Desfile de Disfraces, no que os que queira participar deberán acercarse entre as 15.15 e as 15.45 horas ao auditorio Manuel Dopazo para inscribirse. O desfile dará comezo ás 16.00 horas e está prevista a súa saída dende a rúa Agro do Balo, encabezado polos Xenerais.

Hora e media máis tarde, tos asistentes poderán desfrutar do o Alto dos Xenerais Infantil, que se celebrará por terceiro ano consecutivo, e ás 18.00 horas do tradicional e popular Alto dos Xenerais do Entroido da Bandeira no que este ano participarán seis persoas, en principio (catro xenerais, un correo e un centinela), pero que poderían chegar a ser ata 8.

Para rematar o programa, ás 22.30 horas celebrarase o baile de disfraces no polideportivo da vila e amenizado polas actuacións Trío Vida e  Dúo Azahara. A media note terá lugar a entrega de premios que contemplan comparsas e carrozas, charangas e recompensa individual. Neste punto a asociación destacou que hai algún premio máis que outros anos, e que tamén algunhas modalidades aumentaron a contía.

O día 3 de marzo os organizadores celebrarán o que denominan “O Gran Cocido” xa que segundo Anxo Lois, vocal da asociación, “é o día no que podemos desfrutar todos os da asociación, posto que durante o entroido non podemos facelo xa que nos estamos ocupando da organización de todo”.

Sinalaron tamén que este ano estrearán un novo traxe de xeneral, tal como veñen facendo cada edición dende que se formou a asociación. Anxo Lois quixo agradecer encarecidamente a todos os comerciantes de A Bandeira polo gran apoio que lles amosaron este ano, non só económicamente, senon tamén pola implicación na organización. Do mesmo xeito, déronlle as gracias ao departamento de Cultura e Turismo polo aporte económico e o esforzo feito polo entroido de A Bandeira.

O Concelleiro de Cultura e Turismo, Matías R. Datorre, agradeceu a colaboración do Concello de Pontevedra pola facilitación das fotografías que estarán en exposición, e recoñecei o gran valor da labor que a asociación está a levar a cabo “tanto pola recuperación daquelo que se estaba a perder, como pola mellora da mesma, implicando, por exemplo, aos máis pequenos no Alto dos Xenerais Infantil, posto que eles representan o futuro”, afirmou Datorre. O Concelleiro anunciou tamén neste acto que mañán terá lugar no Pazo de Raxoi a firma dun protocolo de colaboración para a promoción conxunta do Entroido da Ulla con outros sete concellos da bisbarra.

Publicado: 03/02/2012