App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day 24/11/2017

In the morning

In the afternoon

Minimum: 19
Maximum: 14
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O mosteiro de Carboeiro recibiu un total de 12.424 visitantes ao longo de 2012

O balance total de visitas ao mosteiro románico de Carboeiro ao logo de todo o ano 2012, ascende a 12. .424 visitantes. Así se recolle no infome elaborado pola guía turística que atendeu nestas instalacións ao público dende o 15 de xuño ata o pasado 31 de decembro.

Neste informe recóllese unha evolución comparando o número de visitantes dende o ano 2009 (tomando como referente os meses comprendidos entre xullo e outubro) con datos que apuntan a un descenso de preto de 1.000 visitantes por ano neses meses de maior afluencia. Segundo recolle o informe, o dato negativo pode atribuirse á situación económica, con efectos directos no sector turístico. Así, e pese a que foi precisamente en 2012 cando se comezou a aplicar a taxa de entrada no cenobio, non se considera este feito como factor de diminución das visitas, xa que se trata dun prezo simbólico (a entrada custa 1 euro e a visita 2 euros) que unha amplísima maioría de visitantes non rexeita.

“Isto demostra que Carboeiro, pese ás críticas que recibimos no seu momento, segue a ser o gran emblema do turismo na comarca de Deza”, sinala o concelleiro de Turismo, Matías Rodríguez da Torre, que lembra que, en liñas xerais e considerando a anualidade completa, o volume de visitas está na mesma liña doutros anos, mesmo no ano Xacobeo 2010.

A taxa entrou comezou a cobrarse o 5 de abril do 2012 –aporveitando o período festuivo das Pascua-, cun prezo de 1 euro por acceso ao mosteiro e de 3 euros por visita guiada. Cos descontos para xubilados, rapaces de 6 a 16 anos, estudantes e desempregados, as taxas sitúanse en 0,70 euros a entrada e 2,10 a visita. En total dende a citada data, recaudáronse a día de hoxe 9.165, 10 euros, contando ambas modalidades de acceso.

Perfil dos visitantes

Os meses que concentraron máis visitas foron os estivais (de xullo a setembro), amosando unha clara estacionalidade que segue a liña de anos anteriores. En cando ao perfil dos/as visitantes predominan as persoas de mediana idade (de 35 a 65 anos), aumentando os maiores de 65 en épocas coma o mes de decembro, coas excursións semanais do IMSERSO, con xente procedente de Barcelona e Asturias.

En canto ao modo da visita, segundo se recolle no informe, case a metade dos visitantes (o 41%) acudiu a Carboeiro coa familia, sobre todo nos meses de verán. En relación á motivación da visita, a gran maioría achegouse ata o mosteiro para coñecelo, aínda que outra parte acudiu motivado por cuestións culturais, coma a arte románica, ou o entorno natural e paisaxístico que rodea a este edificio histórico. Para o que lembra o nomeado concelleiro “se sinalizaron dous roteiros próximos ao cenobio, o chamado “roteiro do Mosteiro” de 1,9 kms e dificultade media-baixa, no cal se rodea o Mosteiro románico e se pode gozar dunha vista panorámica do mesmo, e a pequeña ruta “a revolta do Mosteiro”, aproveitando o curso do río Deza ao pé do Mosteiro.

 

Sobre o aloxamento, o balance recolle que a grande maioría veu ata Carboeiro nunha excursión de un día. O 50,5% dos que permaneceron máis dunha xornada na zona, aloxáronse en hoteis de Silleda e da comarca, das Rías Baixas, Saniago, Lugo ou Ourense. O 19,6 % escolleu as casas de turismo rural, outro 17,6% quedou na casa de familiares ou amigos e un 9,84% nun balneario da zona. 

En canto á procedencia, a meirande parte dos visitantes (o 96%) procedían do estado español, dos que un 65% eran galegos , mentres que o 38% restante procedía doutras comunidades autónomas. Despois de Galiza, por comunidades de procedencia, Madrid sitúase no segundo posto, seguida de Cataluña, Andalucía, Castela-León, Comunidade Valencia, Euskadi, e Asturias, entre outras.

Francia, Arxentina, Inglaterra, Holanda e Alemaña foron en 2012 os países que máis visitantes estranxeiros aportaron ao mosteiro silledense. Aínda que algúns destes últimos foron emigrantes que retornaron á zona con amigos, tamén houbo moitos estranxeiros que se achegaron a Carboeiro sen ter ningún tipo de relación coa zona. 

Outro parámetro analizado no balance da guía turística é o da información, algo importante á hora de programar futuras actuacións de promoción do enclave.

Segundo os datos recabados,o 30,6% dos visitantes xa coñecían o mosteiro. A Internet (cun 19,6) sitúase coma o segundo medio máis usado para ter información do sitio, de aí explica Matías R. da Torre “que a mellora presenza do Trasdeza na rede sexa unha das principais apostas desta Concellaría”, seguida da labor informativa dos aloxamentos (14,4%). “Os locais hostaleiros e hoteleiros de Silleda e a comarcan veñen xogando nos últimos anos un papel clave á hora de promocionar este recurso turístico”, sinala Da Torre. Outros acudiron con referencias de amigos, oficinas de turismo, eventos…

 

A sinalización, aspecto a mellorar

Na oficina de turismo situada no mosteiro realizáronse ademais un total de 104 enquisas para coñecer as debilidades desta entidade. A satisfacción xeral co servizo ofrecido pola oficina de turismo acadou unha puntuación de 4,45 de 5 puntos. Entre as suxestións de mellora figuran a da sinalización, accesibilidade para persoas con discapacidade física, ou a mellora do aparcamento da zona.

“Estas cuestións deben de servirnos para tratar de mellorar a atención aos milleiros de turistas que se achegan cada ano a Carboeiro”, sinala o concelleiro, que lembra que aspectos coma a sinalización “son unha das asignaturas pendentes polas que trataremos de apostar dende o departamento municipal de Turismo, xa que semella que a Secretaría Xeral para o Turismo ou a Deputación de Pontevedra se desentenderon ultimamente deste asunto”, engade. 

Publicado: 2013-01-13