App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day 18/11/2017

In the morning

In the afternoon

Minimum: 21
Maximum: 5
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O roteiro do Baixo Deza volta de novo o vindeiro 8 de xuño co programa Goza do Ulla


Silleda, 8 de maio de 2013. O Concello de Silleda participa de novo no programa  Goza do Ulla, una iniciativa posta en marcha hai xa tres anos, coa realización de roteiros de sendeirismo nos municipios que forman parte da ribeira do Ulla. A cita co municipio trasdeza será o vindeiro 8 de xuño, de novo co roteiro do Baixo do Deza como protagonista.

O percorrido, entre as parroquias de Abades e Cira conta cunha distancia de 13,4 kilómetros, a realizar nun tempo estimado de 4 horas e media e cunha dificultade media.

Dende a Concellería de Turismo, que dirixe Klaus Brey, xa se comezaron a realizar os preparativos iniciándose esta mesma semana as tarefas de limpeza e desbroce do roteiro. Tamén está previsto acondicionar o entorno da xunta dos ríos, en Deza, onde remata o roteiro, no punto onde o Deza se xunta co río Ulla. Entre as novidades desta edición figura a inclusión do pazo da Viña, na parroquia de Abades, como un dos lugares de visita do roteiro. A igrexa románica de Dornelas, os cachóns do Mallo, ou a torre do Castelo de Cira, tamén forman parte dos elementos históricos e patrimoniais que acompañarán o percorrido por este fermoso marco natural.

O tenende de alcaldesa, Manuel Cuíña, acudiu hoxe en representación do Concello de Silleda (xa que o concelleiro KIaus Brey non puido asistir por motivos laborais) á presentación, onde resaltou a unión dos municipios participantes  en torno ao río Ulla. Cuíña tamén  apelou á colaboración das diputacións as que pertecen os 19 concellos (Pontevedra, A Coruña e Lugo), “tendo en conta o esforzo e implicación que están a facer as entidades locais e os obxectivos dun  proxecto tan interesante e o potencial que supón”, engadiu.

O Concello de Antas de Ulla acolleu hoxe, a presentación do programa no que participan 19 concellos bañados polas augas do río Ulla. A iniciativa turística pretende dar a coñecer o rico e valioso patrimonio natural dos territorios á beira do Ulla coa programación dun total de 19 roteiros de sendeirismo en cada un dos concellos dende agora e ata o mes de novembro. Hoxe estiveron en Antas de Ulla representantes da maioría dos 19 concellos: Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Santiso, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Silleda, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Dodro, Catoira e Rianxo, así como representantes da Deputación de Lugo.

Os alcaldes lembraron que  dende Antas do Ulla ata Rianxo, pasando polos diferentes concellos, o Ulla amosa unha grandísima variedade de patrimonio natural, cultural e natural. Tamén aproveitaron esta reunión para quedar para outras futuras co obxectivo de crear unha agrupación para solicitar axudas ás distintas administracións nacianais e europeas para poder manter as rutas acondicionadas e sinalizadas correctamente e facer unha campaña dirixida á sociedade en xeral para o coidado e mantemento da nosa natureza.

Este sábado comeza a primeira ruta no Concello de Antas de Ulla, que é onde nace o río que lle dá nome a esta iniciativa.

A iniciativa xurdiu fai dous anos e o ano pasado desenvolveuse con grande éxito. Dicir que só cun pouco de traballo dos distintos concellos e sen apenas custo promóvese un gran proxecto que pon en valor o noso território, vinculando municipios, bisbarras e provincias por riba dos intereses localistas ou partidistas.

 

Publicado: 2013-05-08