App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day

In the morning

In the afternoon

Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

A Festa da Tortilla de Laro celebra as súas vodas de prata estreando o título de Festa de Interese Turístico Galego

A Carballeira de Castro acolle o día 2 de agosto unha nova edición da Festa da Tortilla de Laro, que vén de ser declarada Festa de Interese Turístico, un recoñecemento co que se celebrarán os 25 anos deste evento gastronómico. A organización agarda a uns 10.000 comensais na carballeira de Castro, onde cada primeiro venres de agosto se celebra esta multitudinario certame. Para a cea repartiranse centos de tortillas realizadas polos veciños e veciñas e poñeranse á venda xerras de viño que se poderán volver a encher, como en anos anteriores. TAmén se poderán mercar viratortillas de barro ou chisqueiros.

Coma en anos anteriores haberá autobuses dende A Bandeira, Silleda e Lalín, dende as 20.30 horas do venres e ata primeiras horas do sábado. A verbena estará amenizada polas orquestras Metrópolis e Tokio.

A parroquia de Laro continuará as festas patronais na honra de San Salvador durante a fin de semana. O sábado día chega outro dos pratos fortes: a actuación das orquestras París de Noia e Panorama, para festexar o 25 aniversario da recoñecida festa gastronómica. O domingo 4 de agosto a misa solemne será cantada pola Coral Polifónica Casino do Carballiño. Actuará tamén o gruo de gaitas A Carballeira e á noite haberá verbena co dúo Máster.

 

 

Publicado: 2013-08-02