App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day

In the morning

In the afternoon

Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O Mosteiro de Carboeiro alberga unha mostra sobre a malla tradicional

Silleda, 8 de agosto de 2013. O mosteiro románico de Carboeiro alberga distintas mostras que complementan os milleiros de visitas realizadas nesta tempada alta do verán por turistas e visitantes. Dende hoxe, na sala de exposición do mosteiro pode visitarse unha mostra con apeiros e utensilios relacionados coa tradición da malla en Galicia e a elaboración do pan. Estas pezas foron cedidas polo Museo Etnográfico Casa do Patrón, de Doade (Lalín) co que o Concello de Silleda asinou un convenio de colaboración para a promoción conxunta de ambas entidades. Males, cribos e mesmo unha aventadora de manivela forman parte da mostra, que estará en Carboeiro ata o vindeiro día 30 de setembro. A tradición da malla revivirase un ano máis o vindeiro día 31 en Doade.

Logo da mostra sobre a malla, o mosteiro silledense acollerá outra sobre o proceso do liño, con pezas tamén cedidas pola Casa do Patrón.

Ao mesmo tempo, Casa do Patrón e Carboeiro forman parte do proxecto Museos do Rural, unha iniciativa pioneira de promoción conxunta na comarca do Deza na que figuran tamén o Museo da Minería de Fontao e a Fundación Paco Lareo-A Solaina de Piloño.

 

Estas entidades ofrecen ademais visitas guiadas  e coordinadas  para amosar  ao público en xeral unha importante parte do que nos define como pobo: a arte, a cultura, a etnografía e o patrimonio industrial e mineiro.

 

Do mesmo xeito, na sala anexa ao mosteiro de Carboeiro tamén pode verse estes días a exposición fotográfica sobre o emblemático edificio románico e a súa contorna, con fotos dos anos 1930, e 1990 con referencias do antes e o despois da restauración promovida polo Concello de Silleda a través da Escola Taller.

Os visitantes tamén poden contemplar neste enclave ata a vindeira semana unha exposición sobre a catástrofe do Prestige, cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

A concelleira de Turismo, Margarita Campos, sinala que estas tres mostras constitúen un novo complemento nas visitas que se realizan estes días no mosteiro, que abre as súas portas todos os días da semana, e que segue a rexistrar unha elevada afluenza de persoas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Publicado: 2013-08-09