App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day 19/11/2017

In the morning

In the afternoon

Minimum: 22
Maximum: 5
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O Centro de Interpretación da Natureza de Escuadro e o roteiro da Férveda inaugúranse o vindeiro sábado 16

 O vindeiro sábado día 16 terá lugar a inauguración do Centro de Interpretación da Natureza de Escuadro, unha actuación que inclúe a dotación dun roteiro ata a Fervenza da Férveda.

Os actos comezarán ás 11.00 horas coa saída para facer a citada ruta ata a fervenza, se o tempo o permite. Os asistentes disporán de transporte para regresar ata o teleclube de Escuadro, onde se instalou o Centro de Interpretación. Logo de visitar este, celebrarase un xantar de confraternidade. Para asistir as persoas interesadas poden anotarse na taberna de Cerdeira ou chamar ao 649 932307.

A actuación supón unha inversión de 46.000 euros, executada con fondos municipais e a cantidade que lle corresponde ao municipio dentro do Fondo de Compensación Ambiental.

O protagonista da actuación é o roteiro que parte do teleclube, onde se situao Centro de Interpretación, ata a Fervenza da Férveda. Dentro do citado local colocáronse contidos museográficos, para a posta en valor dos recursos naturais no entorno da parroquia. Trátase dunha actuación complementaria con información , en distintos formatos, que contén datos sobre o sendeiro e a parroquia (fauna, flora, elementos etnográficos…).

A obra inclueu a restauración de dúas edificacións situadas ao inicio da ruta: o muíño de Varela (cedido pola familia ao Concello) e un lavadoiro. Tamén se adecuou o camiño existente, facilitando o acceso peoníl cunha actuación sinxela (limpeza e desbroze) sen impacto ambiental , e afirmando con xabre as superficies onde haxa máis terreo irregular.

Tamén se habilitaron unha serie de puntos para que os usuarios do roteiro poidan descansar.

A sinalización estará presente dende distintos puntos da parroquia e no camiño ata chegar á Férveda.

Con esta intervención ponse en valor un espazo natural aínda pouco coñecido, así coma o seu entorno,  que pasa a engrosar a lista de recursos naturais e turísticos do municipio de Silleda.

 

 

Publicado: 2013-11-13