App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day 22/11/2017

In the morning

In the afternoon

Minimum: 18
Maximum: 9
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

A Concellería de Turismo oferta xunto co IES Pintor Colmeiro a confección de cartas aos restaurantes en tres idiomas

Duranta a presentación do I Premio Concello de Silleda á Normalización Lingüística, en comercios e empresas, deuse a coñecer outra iniciativa de normalización, que ten como protagonistas aos establecementos comerciais. A través dun novo convenio entre o Concello de Silleda, neste caso o departamento de Turismo, e o IES Pintor Colmeiro ofertase aos 26 establecementos de restauración a confección gratuita das súas cartas e menús en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Esta iniciativa xorde tendo en conta que cada vez son máis os turistas que se achegan a Silleda, ademais de peregrinos de diversos países. 

“Coa idea de mellorar a atención no sector, e de novo coa inestimable colaboración do equipo do IES Pintor Colmeiro faranse de maneira gratuita cartas de menús en galego, castelán e inglés a todos aqueles establecementos que o desexen”, sinalou o alcalde

O equipo do IES será o encargado de facer as correccións e traduccións das cartas, que serán devoltas aos locais cun formato unificado. Os locais interesados poden poñerse en contacto co Concello, ou a través do mail info@silleda.es.

Dende a Concellería de Turismo, Margarita Campos, vén de remitir cartas ao sector hostaleiro informando deste servizo.

Na comparecencia, Cuiña aproveitou tamén para destacar o turismo como sector económico estratéxico no noso municipio, xa que segundo datos o Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas  de Galicia (REAT), Silleda é o concello das comarcas de Deza e Tabeirós-Montes con maior número de prazas de aloxamento (510), “superando as capitais comarcais de Lalín e A Estrada e a outros municipios do grupo Área de Santiago, no que estamos integrados”.

 

Publicado: 2014-05-08