App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day 20/11/2017

In the morning

In the afternoon

Minimum: 19
Maximum: 5
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O programa Goza do Ulla volta a Silleda cun novidoso roteiro etnobotánico pola parroquia de Cira

 

Silleda, 15 de maio de 2014. O programa Goza do Ulla no que participan 19 municipios bañados polas augas deste río, volta o vindeiro mes con novos roteiros. Esta iniciativa turística pretende dar a coñecer o rico e valioso patrimonio natural dos territorios á beira do Ulla coa programación dun total de 19 roteiros de sendeirismo en cada un dos concellos  dende  o vindeiro día 1 de xuño e ata o mes de outubro.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e o tenente de alcalde, Klaus Brey, participaron hoxe na presentación do programa, que tivo lugar no salón de plenos do Concello de Rianxo, onde desemboca o protagonista deste programa promocional conxunto. Os asistentes á presentación  lembraron que  dende Antas do Ulla ata Rianxo, pasando polos diferentes concellos, o Ulla amosa unha grandísima variedade de patrimonio natural, cultural e artístico.

No caso de Silleda, onde se celebra o programa por terceiro ano consecutivo, a cita será o vindeiro día 6 de xullo, cun novo e orixinal percorrido, que inclúe un roteiro etnobotánico, na parroquia de Cira.

Trátrase dun percorrido circular de aproximadamente 10 kilómetros de lonxitude e unha duración estimada de 3 horas. A proposta inclúe visita guiada ao entorno da torre de Cira, declarada Ben de Interese Cultural, do pazo de Paizás, e tamén aos invernadoiros e plantacións de legumes e flor, cultivos que teñen unha destacada presenza nesta localidade silledense.

O percorrido, que comezará ás 10.00 horas, rematará na praia de Cira, no entorno coñecido como Xunta dos Ríos, onde conflúen o Deza e o Ulla.

Ao longo deste percorrido unha experta en desenvolvemento sostible acompañará aos asistentes explicando cómo identificar as prantas, os seus usos tradicionais e actuais na medicina, e tamén cuestións relacionadas coa gastronomía e ou a artesanía.

Deste xeito, dende o departamento de Turismo de Silleda, renovase a cita con Goza do Ulla, que nos dous últimos anos tivo como protagonista o roteiro do Baixo Deza, entre Abades e Cira, cun grande éxito de participación.

“Trátase dunha roteiro novidoso, no que ademais de elementos paisaxísticos e patrimoniais, se introduce outro concepto interesante coa botánica como eixo vertebrador”, sinala o alcalde, Manuel Cuíña.

O programa Goza do Ulla volve arrancar o vindeiro domingo día 1 en Antas de Ulla, onde nace este río, con visita ao antigo balneario de Frádegas e antiga fonte de augas sulfurosas, entre outros.  

A iniciativa conxunta  xurdiu fai tres anos, sumando xa 19 concellos nun programa que, sen apenas custes, serve para por en valor o territorio vinculando municipios e comarcas.

 

Os municipios que forman parte do programa, pertencentes ás provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra,  son os seguintes: Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, A Estrada, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón , Pontecesures, Palas de Reis, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vila de Cruces e Vedra. 

Publicado: 2014-05-16