App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day 24/11/2017

In the morning

In the afternoon

Minimum: 19
Maximum: 14
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O mosteiro de Carboeiro acolle o 16 de novembro o evento Son Solidario

Silleda, 29 de outubro de 2014. O mosteiro de Carboeiro será o vindeiro domingo día 16 de novembro o escenario do evento “Son Solidario”, unha proposta que mistura, ademais de solidariedade, música, natureza, cultura e ocio.

A cita, organizada por Toño González, veciño de Dodro e profesor de ioga, en colaboración co Concello de Silleda, comezará ás 09.00 horas cun  roteiro pola ribeira do Deza, partindo dende a Fervenza do Toxa. Os participantes levarán bolsas para retirar o lixo que se atopen durante o percorrido, de seis kilómetros, que rematará no mosteiro de Carboeiro.

Alí, está previsto que ás 12.00 horas, de comezo o chamado baño de son, con gongs, cuncas tibetanas e de cuarzo, frauta nativa, tambor chamánico, caixa shruti, entre outros instrumentos deste tipo de concertos meditacionais. Ao concerto tamén poderán asistir directamente todas aquelas persoas que o desexen aínda que non realizaran o roteiro. Ao remate, os que estén interesados, poden participar na degustación dun menú vexetariano en Silleda.

Inscricións e aportación solidaria

Esta actividade, que mestura natureza con arte, colaborará co programa municipal Silleda Solidaria. O prezo da inscrición para participar é de 15 euros. Parte da recadación destinarase a dito programa. Así mesmo dende a organización pídese a colaboración dos participantes aportando alimentos que se entregarán tamén a Silleda Solidaria. Entre as necesidades figuran aceite, conservas, gallegas, leite ou outros produtos non perecedeiros.

Para recibir máis información sobre este evento e tamén inscribirse as persoas interesadas poden entrar na web www.yogaensantiago.com ou na web municipal (www.silleda.es) . Tamén se recollen inscricións na Casa da Cultura de Silleda e no propio mosteiro de Carboeiro.

Dende o Concello de Silleda, o alcalde Manuel Cuiña agradece ao organizador “que pensara nunha proposta que axudará ao programa municipal Silleda Solidaria, dende o que se está a atender ás familias con menos recursos”, engade.

Así mesmo, anima á xente a participar nesta actividade multidisciplinar, na que ademais de darse a coñecer unha expresión artística “que sonará por primeira vez nun entorno privilexiado como é o mosteiro de Carboeiro”, os participantes tamén terán a ocasión de “disfrutar do fermoso entorno natural que ofrece o sendeiro do Deza, desta vez con fins ecolóxicos ao propoñerse a retirada de lixo”, sinala.

 

 

Publicado: 2014-10-30