App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day 22/11/2017

In the morning

In the afternoon

Minimum: 18
Maximum: 9
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O mosteiro de Carboeiro amplia o seu horario a partir do mércores 1 de abril

Silleda, 28 de marzo de 2015. O mosteiro de Carboeiro, coincidindo co cambio de hora que vén de realizarse, amplia o seu horario de visita.

A partir do vindeiro mércores 1 de abril, o horario será de martes a venres de 12.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas. Os luns, como é habitual, estará pechado ao público. Nas xornadas de sábado, domingo e tamén festivos, o horario amplíase media hora pola mañá sendo de 11.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas. Deste xeito, a partir da vindeira semana poñerase fin ao horario de inverno, con apertura, debido ás condicións lumínicas só ata as 17.00 horas.

Dende o departamento de Turismo, que dirixe Margarita Campos, lémbrase que o cambio de hora coincide ademais coa Semana Santa, unhas datas festivas nas que o mosteiro e o seu entorno acostuma a rexistrar un destacado aumento de visitas.

Así mesmo, dende o departamento de Turismo, tamén está previsto proceder xa no vindeiro mes de maio a establecer o que será o horario de visita para toda a tempada estival.

“Con estas medidas buscamos ofrecer máis posibilidades ao público que se achega a coñecer o noso mosteiro”, explica o alcalde Manuel Cuiña, lembrando que en 2014 se “batiu un récord con máis de 16.000 visitas rexistradas”, engade.

 

 

Publicado: 2015-04-06