App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day

In the morning

In the afternoon

Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

A senda botánica xunto ao mosteiro de Carboeiro está xa rematada

 

Silleda, 15 de maio de 2015. O Concello de Silleda xa rematou a creación no entorno do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro da senda botánica, unha iniciativa que complementará o atractivo deste enclave dende o punto de vista do patrimonio natural e tamén a nivel turístico.

A senda, a primeira destas no municipio de Trasdeza, está incluída no proxecto Auga e Pedra, para a mellora do entorno e sinalización tanto do mosteiro como da Fervenza do Toxa,  en Pazos.

A diversidade de especies no entorno do mosteiro, á beira do río Deza, permite a creación desta senda, que conta con 22 paneis en tres idiomas (galego, castelán e inglés nos que se destacan sobre todo as propiedades curativas e medicinais das especies, un para disfrutar deste paraxe natural e coñecer as especies a través do seu uso ao longo da historia do mosteiro.

Trátase dun vieiro circular que comeza na parte posterior do mosteiro, moi preto do pombal, continuando polo muiño e rematando de novo xunto ao edificio monacal.

A senda percorre lugares nos que se atopan ata 22 especies de vexetación e flora. Así, figuran o Cerquiño (Melojo); Espiño (Majuelo); Carballo; Érbedo (Madroño); Hedra; Xilbarbeira (Rusco); Escambrón (Endrino); Salgueiro (Sauce); Ameneiro (Aliso); Uz Branca (Brezo blanco); Pereira silvestre; Xesta (Retama); Toxo; o Fento Real; Castiñeiro; Loureiro; Sobreira; Abeleira; Dentabrún (Helecho Macho); Pradairo, Sabugueiro e a Estruga.

Todos estes exemplares intégranse nas fragas e bosques autóctonos que rodean o mosteiro de Carboeiro, formando distintos nievis do estrato arbóreo.Destaca entre elas a Xilbarbeira, unha especie única en perigo de extinción que se atopa tamén xunto á Fervenza do Toxa, un espazo que forma parte xunto co entorno do mosteiro do Sistema Fluvial Ulla-Deza, incluidas na Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), cun alto valor paisaxístico.

Declaración de ENIL

Dende o Concello de Silleda promoverase ademais a declaración do entorno do mosteiro como Espazo Natural de Interese Local. O alcalde, Manuel Cuiña, explica que esta declaración permitirá que a zona conte con unha especial atención por parte da Administración Autonómica, ademais de figurar en diferentes catálogos. Outra das vantaxes de contar con esta designación e o interese preferente á hora de optar a diferentes axudas.

“Esta senda vén a aumentar a oferta para os milleiros de visitantes que se achegan ata Carboeiro”, explica Manuel Cuiña.

 

Aumento de visitas en abril

No tocante ás visitas, a progresión segue en aumento. Así, no pasado mes de abril achegáronse ata o mosteiro un total de 2.170 persoas, o que supón un aumento de 293 visitas respecto a 2014, ano no que tamén se superou a cifra de 2013 (en abril de 2013 rexistráronse 1.239 visitas).

No que vai de ano o mes de marzo foi o que rexistrou maior afluencia. Así, en xaneiro houbo 691 visitas, en febreiro 1.041 e en marzo 2.502, ás que se suman agora as 2.170 do mes de abril.

“O atractivo de Carboeiro segue en alza e por iso temos que seguir traballando para mellorar a atención ao público e consevar o noso patrimonio”, engade Cuiña.  

 

 

Publicado: 2015-05-18