App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day 24/11/2017

In the morning

In the afternoon

Minimum: 20
Maximum: 13
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O mosteiro de Carboeiro modifica os tempos de apertura coincidindo co cambio ao horario de inverno

Silleda, 24 de outubro de 2015. O mosteiro de Carboeiro modifica o seu horario de visita a partir de mañá domingo, xornada na que se cambia ao horario de inverno. Así o horario de apertura será de martes a domingo (os luns continuará pechado ao público) de 11.00 a 14.30 e de 15.30 a 18.00 horas.

A taquilla pechará pola tarde media hora antes, ás 17.30 horas. Este horario estáblecese en función das horas de luz natural, tal e como se vén facendo nos últimos anos.

O mosteiro estivo aberto todos os días durante o pasado verán. En setembro reduciuse o horario co remate da bolsa dun dos dous guías que atendeu as visitas durante a época estival.

Agora adiantase a apertura pola mañá (ábrese media hora antes) e péchase antes pola tarde pola falta de luz natural.

 

Este horario aplicarase dende mañá domingo e ata novo aviso do departamento municipal de turismo, que dirixe a concelleira Ana Luisa González Costa. 

Publicado: 0000-00-00