App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day 18/11/2017

In the morning

In the afternoon

Minimum: 21
Maximum: 5
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

Silleda e Vila de Cruces, protagonistas do programa Goza do Ulla o vindeiro domingo día 18

Silleda,10 de xuño de 2017.  O programa Goza do Ulla volta á comarca o vindeiro domingo día 18 cun roteiro intermunicipal coa historia como protagonista. Baixo o lema “Roteiro da historia”, esta proposta que se vén celebrando dende o ano 2011, une aos municipios de Silleda e Vila de Cruces cun roteiro lineal duns 14 kilómetros, coas parroquias de Cira e Gres como protagonistas.

O percorrido, cunha duración estimada de catro horas, partirá dende a ínsua de Remesquide, en territorio de Vila de Cruces (ás 09:30horas) e rematará na parroquia silledense de Cira, na praia fluvial. O roteiro volverá pasar polos invernadoiros da contorna de Cira, discorrindo de xeito pararlelo pola ribeira do Ulla. Incluirá unha parada na casa natal de Xosé Neira Vilas, onde se sitúa a fundación que leva o seu nome, na histórica Ponte Ledesma, podendo disfrutar tamén os asistentes das ínsuas de Gres. O regreso farase en autobús ata o punto de partida, para aquelas persoas que así o desexen.

A natureza e a historia fusionaranse así nesta edición do programa. Á beleza da ribeira do Ulla, cos que lindan polo norte os municipios de Silleda e Vila de Cruces, sumaránse explicacións sobre a figura do escritor cruceño e o episodio do papel desempeñado polos veciños e veciñas da zona na loita contra os franceses durante a guerra da independencia, en marzo de 1809, no entorno da Ponte.

Última cita co programa

As persoas interesadas en participar poden xa anotarse nos Concellos de Silleda e de Vila de Cruces. Recoméndase levar roupa e calzado cómodos e algo de bebida. Dende o Concello de Vila de Cruces habilitarase tamén un servizo de autobús para realizar a ruta, previa inscrición que sairá da praza Juan Carlos I.

O programa Goza do Ulla é unha  iniciativa conxunta  que xurdiu  hai 4 anos, sumando xa 20 concellos nun programa que, sen apenas custes, serve para por en valor o territorio vinculando municipios e comarcas.

Os municipios que forman parte do programa, pertencentes ás provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra,  son  Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, A Estrada, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón , Pontecesures, Palas de Reis, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vedra.

Baixo o nome Goza do Ulla, esta iniciativa de carácter turístico busca dar a coñecer e promocionar o rico e valioso patrimonio dos territorios á beira do Ulla. O programa deste ano deuse a coñecer o pasado 5 de maio no Centro de Interpretación do histórico Castelo de Pambre, en Palas de Rei. O programa iniciouse o pasado 20 de maio en Antas de Ulla e rematará o 22 de outubro en Vilagarcía

 

Cira, coñecida tamén coma a horta de Silleda, é o referente silledense da ribeira do Ulla. En anteriores edicións, esta localidade tamén foi protagonista do roteiro e compartiu percorrido con A Estrada e outras áreas próximas. Nesta ocasión, o programa Goza do Ulla xunta a Cira con Gres, parroquia veciña situada en territorio de Vila de Cruces. Cuna do escritor Neira Vilas, marca a frontera con Boqueixón á altura da Ponte Ledesma, onde se atopa a fermosa ponte medieval de sete arcos, que atravesa o Ulla, río que neste punto forma a fermosa paisaxe das ínsuas de Gres e a súa área recreativa.

Publicado: 2017-06-13