App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day 26/07/2017

In the morning

In the afternoon

Minimum: 26
Maximum: 15
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O mosteiro de Carboeiro manterá o horario actual ata novo aviso

 

Silleda, 30 de xuño de 2017.  O mosteiro de Carboeiro continuará co horario de visitas dos últimos meses (de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 19:00 horas, de martes a domingo)  ata que se poida incorporar máis persoal de atención ao público.

“Ata que se resolva a convocatoria de ofertas de bolsas de Turismo por parte do Padroado Rías Baixas, vémonos obrigados de  seguir co horario actual, xa que a persoa designada para a praza de bolseira en Carboeiro renunciou ao posto”, indica a concelleira Ana Luisa González.

A responsable municipal do departamento de Turismo, explica que en canto se incorpore un novo  bolseiro/a o horario ampliarase “como se veu facendo nos últimos”, engade.

 

O mosteiro románico de Carboeiro é un dos enclaves da comarca do Deza máis visitados cada ano. “O bo tempo dos últimos meses fixo que este ano se batirán récords coma o da Semana Santa, con case 1.000 persoas que pasaron por este edificio histórico en apenas 4 días”, engade a concelleira. 

Publicado: 2017-06-30