App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day

In the morning

In the afternoon

Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

A Concellaría de Turismo do Concello de Silleda presentará unha alegación ao fallo do xurado que denegou a declaración de festa de interese turístico á Romaría da Tortilla de Laro.

 

A Comisión de Valoración de festas de Galicia de interese turístico, ven de desestimar a solicitude presentada polo Concello de Silleda dende a Concellaría de Turismo que preside Matias R. da Torre para obter a declaración de festa de interese turístico de Galicia para Romaría da Tortilla de Laro. Segundo o escrito emitido, a comisión avaliadora considera que non se cumpre o criterio de singularidade por tratarse dunha degustación gastronómica dun produto non tipicamente galego, aínda que os ingredientes sexa autóctonos. Dentro do escrito de alegación, que se deberá presentar nun prazo máximo de 10 días, tamén se incluirá un presentado pola Asociación de Amigos da Tortilla, que preside José Manuel Ramos Canabal, e en estreita colaboración expoñeranse os motivos polos que esta festa si que cumpre cos requisitos de singularidade e tradición requiridos.É unha festa gastronómica que vai máis alá da degustación do produto, posto que os asistentes se xuntan na carballeira, que houbo que ampliar ao piñeiral contiguo pola falta de espazo debido á masiva afluencia de público, para compartir unha comida campestre, o que é unha tradición histórica galega, aínda que a singularidade desta é que no canto dun xantar, faise unha cea, á que todo o mundo acode de xeito voluntario. Cabe destacar que a tortilla, denominada pola sociedade como “española” é unha mestura de patacas, produto autóctono, e ovos, principalmente da casa -de galiñas da casa, alimentadas de maneira tradicional-, como cabe esperar dunha zona eminentemente agrícola como é o Concello de Silleda, feito que pode incluso chegara favorecer o desenvolvemento agrario de rural local. Ben é certo que estes alimentos, así coma o prato elaborado, existen en máis sitios que en Galicia, sen embargo, non é un motivo para desestimar a solicitude, posto que sen querer dar nomes en prexuízo de ninguén, existen outras romarías con este condicionante, e de caracter características similares,  que están declaradas de interese turístico” afirma R. da Torre, Concelleiro de Turismo. A pataca chegou de América no século XVI, e ao longo destes máis 400 anos, converteuse nun alimento fundamental da nosa dieta, polo que ninguén pode cuestionar o seu carácter tradicional. Hai ocasións no que o que é tradicional ou non márcao o paso do tempo, posto que algo que nun momento dado se considera vangardista, co seu asentamento nunha comunidade, grupo ou sociedade, e tralo paso do tempo, pasa a considerarse tradición. A Romaría da Tortilla de Laro recibiu o apoio do Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, que se comprometeu a esta declaración en vista do 25 aniversario do festexo, e que tamén dou por feito o interese turístico desta romaría dadas as condicións da mesma. O concelleiro Matías R. da Torre sinala que “só habería que escoitar o pregón do Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, pregoeiro en Laro o pasado agosto, onde recolleu a historia da tortilla no noso país”. No pasado verán, nunha entrevista coa Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, posicionouse neste sentido en que non vía a tradición e a singularidade da festa, polo que se lle explicou o procedemento da mesma, ata como os veciños elaboran nas súas casa as tortillas, con ovos das galiñas que crían para autoconsumo, patacas da casa, para a exaltación do produto na festa parroquial, de dimensión superior, “a ver se iso non é tradicional”, afirma da Torre. Cabe dicir que é a segunda vez que se desestima esta solicitude para a devandita romaría, xa que a petición se presentara con anterioridade no 2008. 

 

 

Publicado: 0000-00-00