App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day 19/11/2017

In the morning

In the afternoon

Minimum: 22
Maximum: 5
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O Concello de Silleda convoca unha bolsa para a atención da oficina de turismo

O Concello de Silleda convoca unha bolsa para a atención da oficina de turismo


Silleda, 21 de maio de 2012. O Concello de Silleda vén de convocar unha bolsa para atender a oficina de turismo do municipio, logo de acadar a perceptiva subvención do Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas, dependente da Deputación de Pontevedra.
Segundo figura nas bases para a selección do bolseiro/a, os aspirantes deben de estar en posesión do título de Diplomado en Turismo, Graduado en Turismo ou do de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes (incluíndo a documentación requerida nas bases) no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo de sete días hábiles contados dende o día seguinte á publicación das bases. A información estará dispoñible a partir de mañá martes día 22 de mai na web municipal www.silleda.es, no portal www.turismosilleda.es, e no taboleiro municipal.
Dende a Concellería de Turismo, que dirixía Matías Rodriguez Datorre, prevese que bolseiro/a compatibilice a xestión das dependencias do mosteiro de Carboeiro coa dinamización de paquetes turísticos e a xestión da oficina municipal de turismo.
Ademais dos méritos académicos, coa conseguinte puntuación, lo proceso de selección contará coa realización dunha entrevista que versará sobre coñecementos xerais relacionados coas funcións a desenvolver no posto de información turística de Silleda e a súa contorna, así coma coñecementos xerais sobre turismo de Galicia. O comité designado realizará a proba de selección o vindeiro venres día 8 de xuño nas dependencias municipais.
As bases recollen que a bolsa terá unha duración máxima de 6 meses, cun total de 1.050 horas, a razón de 175 horas mensuais. O importe da referída bolsa terá unha contía de 1.312,50 euros brutos ao mes.



BASES

 


RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Concedida ao Concello de Silleda unha subvención para unha  Bolsa de Colaboración  para a Oficina de Turismo de Silleda , para o ano 2012, polo Organismo Autónomo Local “Turismo rias Baixas” mediante Acordo de data 23  de marzo de 2012  R.E. 1823      de data 10 de abril  de 2012), de conformidade coas bases de convocatoria publicadas no BOP nº 205 de data 25.10.2011 e modificación das mesmas de data 3 de febreiro de 2012, BOP nº 24.

    En  uso das competencias que en materia de persoal, me veñen atribuidas pola normativa vixente, RESOLVO:

Aprobar a convocatoria e bases reguladoras para a concesión de unha Bolsa de Colaboración para a Oficina de Información Turística de Silleda.

En virtude do anterior apróbanse as seguintes:  BASES QUE REXERÁN A SELECCIÓN PARA A CONCESIÓN DE UNHA BOLSA DE COLABORACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE SILLEDA.

    1ª.- O obxecto da convocatoria é a concesión de unha bolsa de colaboración  para a  realización de tarefas de información na oficina de turismo do Concello de Silleda, para realizar os labores propios  dunha Oficina de Promoción Turística  no Concello de Silleda.

    2 ª.- O/a adxudicatario/a da mesma  será destinado/a á Concellaría de Turismo do Concello de Silleda e as súas actividades desenvolveranse en horario a determinar por este Concello, segundo as necesidades do devandito servizo, e consistirá en proporcionar ós turistas e viaxeiros os que o soliciten información turística no referente ao aloxamento, transporte, gastronomía, e demais materias propias dunha Oficina de Información Turística.

    3ª.- A condición de bolseiro/a  en virtude da convocatoria non xerará ningún tipo de relación de carácter laboral, funcionarial ou contractual co Concello de Silleda, nin implicará en consecuencia ningún compromiso para un posterior vencellamento ou incorporación  de dito bolseiro/a no Concello de Silleda. No  obstante, os/as bolseiros/as non terán relación laboral nin contractual co Concello, mais  quedarán incluídos no Réxime Xeral da Seguridade Social, de acordo co previsto no RD 1493/2011 polo  que se regulan os termos e as condicións de inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira,  adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.

Os titulares  das bolsas serán única e  exclusivamente beneficiarios dunha subvención para a obtención da debida formación profesional, sen que exista  relación de servizos profesionais co Concello de Silleda. O/a bolseiro/a terá a obriga de aceptar por escrito  as normas e obrigas establecidas nestas bases. O bolseiro/a xustificará documentalmente o cumprimento de tódolos requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

A Bolsa de Colaboración terá unha duración máxima de 6 meses, con un total de 1.050 horas, a razón de 175 horas mensuais, a contar dende a data de incorporación do bolseiro no horario que se determine, segundo as necesidades do servizo,  sen prexuizo de xornadas especiais que puideran establecerse por acontecementos relacionados coa promoción turística do Concello de Silleda, polo que se vería alterado o horario prefixado. O importe da referida bolsa de colaboración terá unha contía de 1.312,50 euros brutos mensuais.

    O/a bolseiro presentará ao Concello de Silleda, antes da finalización da bolsa, unha memoria explicativa das actividades  realizadas na Oficina de Información Turística do Concello de Silleda, na que se recolla unha referencia aos traballos realizados, unha valoración dos recursos turísticos ofertados, demandas dos turistas, deficiencias dos servizos e propostas de accións de mellora da oferta turística, quedando supeditado o aboamento da última mensualidade á presentación da mesma. Así mesmo os/as  bolseiros/as estarán obrigados/as a facilitar canta información lles sexa  requirida pola Administración en relación á actividade realizada.

    Asemade, estableceranse criterios de uniformidade e dotarase ao bolseiro do vestiario correspondente coa finalidade de unificar a imaxe de tódolos bolseiros/as das oficinas de información turística da provincia e cuxa utilización é de obrigado cumprimento de conformidade co disposto na base 14 da convocatoria e posteriores directrices que estableza o O.A.L. “Turismo Rías Baixas”.

    Así mesmo os/as  bolseiros/as  deberán asistir aos cursos de formación cuxa asistencia considere obrigatoria o O.A.L. “Turismo Rías Baixas”.

    En caso de renuncia do bolseiro/a  esta deberá ser comunicada por escrito e cunha antelación mínima de 15 días.


4ª.- Os aspirantes terán que estar en posesión dos seguintes requisitos:

1.-Deberá ser membro dun país da Unión  Europea e residente en España.
2.-Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
3.-Ser maior de 16 anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
4.-Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo a calquera das administracións públicas, órganos constitucionais ou estatutarios das CCAA, nin atoparse inhabilitado para  o exercicio de función pública de conformidade co disposto no art. 56.1 da lei 7/2007.
5.-Estar en posesión do Título de Diplomado en Turismo, Graduado en Turismo ou do de Técnico Superior en Información e Comercialización  Turística. A Titulación deberá ser, cando menos obtida no año 2003 ou con posterioridade a esta data. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán ser validados ou recoñecidos.

A selección realizarase tendo en conta a necesaria cumprimentación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e concorrencia, promovendo a selección entre os candidatos que  cumpran as condicións esixidas na presente convocatoria.

Os/as interesados/as poderán presentar a seguinte documentación no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo de 7 días hábiles, contados dende o día seguinte á aparición do anuncio no sitio web concellosilleda.es; no taboleiro municipal de anuncios, así como complementariamente na páxina en internet turismosilleda.es e en nota de prensa enviada aos medios locais, en horario de rexistro de 8:00  a 14:00 horas de luns a venres  e de 9:00 a 13:00 horas os sábados así como no xeito indicado no artigo 38 da Lei 30/1992; no caso de presentar a solicitude nun rexistro distinto do xeral do Concello, deberá adiantar vía fax ao nº 986 581021 a instancia de participación o mesmo día da súa  presentación:

1:1.- Solicitude segundo o modelo aprobado polo Concello a proporcionar polo mesmo.
    1.2.- Fotocopia compulsada do D.N.I.
1.3.- Título ou Certificación do Centro onde se realizaron os estudos, e certificación das cualificacións obtidas.
    1.4.-Certificación de Títulos de Idiomas de centros homologados.
1.5.- Fotocopia compulsada dos Diplomas obtidos pola realización dos cursos especializados en temas de turismo, en centros recoñecidos nacionais ou estranxeiros.
   
    5ª.- Toda a documentación referida anteriormente presentarase xunto coa instancia. Os méritos deberán estar suficientemente acreditados, con referencia a data como máximo en que remate o prazo de presentación de instancias e os documentos. Terán que estar debidamente compulsados. Tódolos méritos deberán acreditarse necesariamente mediante a presentación dos títulos oficiais correspondentes. Os méritos non xustificados documentalmente o insuficientemente  xustificados non serán obxecto de valoración por parte do Comité de Selección.

    6ª Selección dos Bolseiros:
A selección realizarase por un Comité de Selección, formado por tres membros. A selección terá dúas fases:

    1ª Fase: Valoración de méritos segundo o seguinte baremo: ( ata un máximo de 10 puntos)

    Esta fase suporá  o sesenta por cento da puntuación total do proceso de selección.

A)    Expediente académico: Neste apartado valorarase a nota media obtida para a obtención do título correspondente, ata un máximo de 4 puntos, conforme ao seguinte baremo:

•    Expediente académico dos Diplomados en Turismo ou Graudados en Turismo, tendo en conta a nota media:
o    Matrícula de honra: 4 puntos.
o    Sobresaliente (9,0-10): 3 puntos.
o    Notable (7,0-8,9): 2 puntos.
o    Aprobados (5,0-6,9): 1 punto.

•    Expediente académico para o Técnicos Superiores de Información e Comercialización Turística:
o    Matrícula de honra: 2 puntos.
o    Sobresaliente (9,0-10): 1,5 puntos.
o    Notable (7,0-8,9):  1 punto.
o    Aprobados (5,0-6,9): 0,5 punto.

B)    Por ter asistido a cursos de Formación e Perfeccionamento impartidos en Centros Oficiais, Universidades, Colexios Oficiais ou Escolas de Administración Pública relacionadas coas materias obxecto desta convocatoria   ( ata un máximo de 3 puntos), de conformidade co seguinte baremo:

•    Master ou Postgrado ( relacionado co sector turístico)……….    1 punto.
•    Cursos con duración por Horas:
100 ou máis horas………………………………………0,25 puntos.
De 60 a 99 horas………………………………………. 0,20 puntos.
        De 30 a 59 horas………………………………………. 0,20 puntos.
        De 10 a 29 horas………………………………………. 0,20 puntos.
        9 ou menos horas...……………………………………. 0,20 puntos.

•        Cursos con duración por Créditos:
10 ou máis créditos..……………………………………0,25 puntos.
De 6 a 9 créditos………………………………………. 0,20 puntos.
        De 3 a 5 créditos………………………………………. 0,15 puntos.
        De 1 a 3 créditos………………………………………. 0,10 puntos.
       
No  suposto de que non se acredite a duración dos cursos serán valorados a razón de 0,05 puntos.

C/ Coñecemento  de idiomas estranxeiros: (puntuación máxima de 2,50 puntos) e serán computables un máximo de dous idiomas, a razón de un máximo de 1,25 puntos cada idioma.
No caso de que os cursos de idiomas sexan valorados polo número de horas, aplicarase o baremo dos cursos.

No caso de que os cursos de idiomas sexan dunha Escola de Idiomas o baremo será o seguinte:

*Nivel básico: 0,75 puntos.
* Nivel medio: 1 punto.
* Nivel avanzado: 1,25 puntos.



D/ Coñecemento acreditado do idioma galego; ata un máximo de 0,50 puntos ( no caso de ter varios cursos terase en conta só o de maior puntuación):

*Curso de Iniciación ou Celga 3…………………………………….0,25 puntos.
*Curso de Perfeccionamento ou Celga 4……………………………0,50 puntos.



2 ª Fase: Realización dunha entrevista que versará sobre coñecementos xerais relacionados coas funcións a desenvolver no posto de información turística no Concello de Silleda e a súa contorna, así como coñecementos xerais sobre turismo de Galicia.

Esta entrevista puntuarase entre 0 e 10 puntos. Sendo eliminados os aspirantes que non acaden un mínimo de cinco puntos. (Esta fase suporá  un corenta por cento da puntuación total do proceso de selección).

O Comité de Selección estará constituído por un Presidente, un Secretario e un vogal, e coas condicións que prescribe o artigo 60.2 da Lei 7 de abril, do Estatuto Básico do Empregado.

Rematado o prazo de presentación de instancias, no Taboleiro de Edictos farase pública a composición así como o lugar e data de constitución do Comité de Selección e igualmente a data, e lugar no que se celebrará a entrevista relacionada coa presente selección, así como a composición do Tribunal.
A orde de entrada á entrevista virá dada pola prelación na presentación de solicitudes por parte dos aspirantes.

A selección realizarase polo Comité de Selección, convocándose os aspirantes que presenten solicitude de participación, o vindeiro  Venres 8 DE XUÑO DE  2012 ás  10:00 horas nas  dependencias da Casa Consistorial.


Rematado o proceso de selección, publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello a relación co resultado da selección. Propoñendo ao aspirante adxudicatario/a  da bolsa a favor da persoas que, unha vez aplicado o baremo de méritos e realizada a entrevista obteñan a maior puntuación. A Alcaldesa, a vista da proposta formulada polo Comité de Selección, resolverá a adxudicación da bolsa.

No caso de que se produza a renuncia por parte da persoa que resulte adxudicataria da bolsa, a Alcaldesa procederá ao nomeamento do seguinte aspirante que obtivese maior puntuación, polo tempo que reste ata a finalización do período de duración da bolsa, reducíndose proporcionalmente a contía da bolsa,  procedéndose do mesmo xeito en renuncias consecutivas.

E para que así conste expido a presente, en Silleda a 21  de  maio de dous mil doce.

Visto e Prace
A ALCALDESA
   
   

Publicado: 2012-05-23