App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day 17/11/2017

In the morning

In the afternoon

Minimum: 21
Maximum: 4
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

Rocío Liñares Fernández é a persoa seleccionada para a bolsa da oficina de turismo

Silleda, 11 de xuño de 2012. O proceso de selección para un bolseiro/a da oficina de turismo de Silleda, logo da subvención por parte do Organismo Autónomo Rías Baixas, vén de rematar hoxe coa resolución do tribunal, logo de que o pasado venres se celebraran as entrevistas personais. Dos 15 solicitantes admitidos no proceso, presentáronse ás probas un total de 9. 
Logo de revisar as puntuacións obtidas, o tribunal propuxo a Rocío Liñares Fernández para ocupar a praza de bolseira na oficina de turismo. O seu traballo comezaría previsiblemente o vindeiro venres día 15, e continuaría por un período máximo de 6 meses. Dende a Concellería de Turismo, que dirixe Matías Rodríguez da Torre, prevese que a persoa seleccionada compatibilice a xestión das dependencias do mosteiro de Carboeiro coa dinamización de paquetes turísticos e a xestión da oficina municipal de turismo.
Ademais dos méritos académicos, que puntuaban ata un máximo do 60%, o proceso contou coa realización da proba oral sobre coñecementos dos recursos turísticos de Silleda (ata o 40% da nota) e a confección dun paquete turístico. Matías Rodríguez destaca a transparencia coa que se levou a cabo  o proceso de selección. O listado coas puntuacións das nove aspirantes está dende hoxe dispoñible na web municipal e no taboleiro da Casa do Concello. As posibles alegacións, poderán presentarse ata as 14.00 horas do vindeiro mércores día 13 de xuño.
Publicado: 2012-06-13