App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día 19/11/2017

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima: 22
Máxima: 5
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

Remata o proceso de selección para a concesión dunha bolsa de colaboración coa Feuga para tarefas de información turística en Carboeiro

O o proceso de selección para a concesión dunha bolsa de colaboración coa Feuga para tarefas de información turística en Carboeiro rematou hoxe logo de que o tribunal cualificador emitise a súa valoración.

O aspirante proposto para bolseiro é Alexandre Fernández Ramos, que acadou a maior puntuación cun total de 4,40 puntos.  A resolución do tribunal cualificador pode consultarse xa na web municipal, coa puntuación acadada por cada aspirante.

A Fundación Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) remitiu en días pasados ao Concello de Silleda un total de 25 currículums, 19 deles de persoas con titulación técnica (Formación Profesional) e outros 6 de diplomados/as en Turismo, cumprindo todos eles os requisitos esixidos na convocatoria da bolsa. Desas 25 persoas seleccionadas só acudiron á proba 11. 

Dende a Concellaría de Turismo, que dirixe Matías R. Da Torre, solicitouse o pasado mes de xaneiro a concesión do bolseiro/a a esta entidade, que promove a contratación de mozos/as recén licenciados que nunca antes tiveran traballado na súa especialidade. 

Publicado: 2013-02-12