App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día 24/11/2017

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima: 20
Máxima: 13
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

A CONCELLARÍA DE TURISMO DE SILLEDA FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DA SÚA PRESENZA EN TUREXPO

Nas entrevistas e na atención aos visitantes participaron a diplomada en Turismo Rocío Liñares e o xeógrafo Afonso Leal, ambos os dous con experiencia no ámbito do turismo no Concello, os cales contactaron satisfactoriamente con medio centenar de touroperadores do exterior, ente os que se atopan 20 europeos, 14 españois, 9 americanos, 1 hindú e 1 xaponés. 

Os paquetes consistían en unha ou dúas xornadas no termo municipal de Silleda valoradas en 80 e 190 euros respectivamente incluindo visitas con guía turístico dirixidas a grupos e transporte en autobús:

. No caso dun só día visita a: Fervenza do Toxa, Mosteiro de Carboeiro e pepquena ruta do románico coas igrexas de Breixa e Ansemil e visita a unha queixaría artesanal, acompañando isto de xantar.

. No caso das dúas xornadas: con aloxamento en casas de turismo rural ou hoteis (sobre todo para grupos moi numerosos) e os correspondentes almorzos, xantares e ceas, ademais tamén incluía unha granxa leiteira, e visitas ao Castro de Toiriz e fervenza de Férveda.

Os paquetes foron moi ben acollidos especialmente por empresarios do turismo do eido  do turismo rural, gastronómico, arqueolóxico e do sendeirismo e turismo activo e de aventura.

Por último, Matías R. da Torre tamén quixo pór de relevo os centos de persoas que se interesaron no stand de información do turismo do Concello de Silleda e tiveron especial curiosidade pola realización do video presentación.

Área de Autocaravanas

O Concelleiro de Turismo destacou como unha magnífica nova para o desenvolvemento turístico que redundará directamente como un incentivo na economía de Silleda o acordo apalabrado no acto de clausura da asemblea da Asociación de Autocaravanas de Galiza, desde a presidencia do colectivo e a xerencia da Fundación Semana Verde de Galiza para poder instalar no recinto feiral unha área fixa para a parada de autocaravanas.

Publicado: 2013-02-28