App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día 22/11/2017

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima: 18
Máxima: 9
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

O mosteiro de Carboeiro abrirá tamén os luns durante os meses de xullo e agosto


Silleda, 5 de xullo de 2013. O mosteiro de Carboeiro amplia o seu horario de apertura ao público durante este mes e o do agosto, tempo de maior afluenza de turistas e visitantes ao monumento histórico e patrimonial por excelencia da zona. Así, as dependencias monacais estarán abertas durante estes dous meses durante toda a semana, abrindo tamén o luns, xornada na que ata o de agora pechaba. O horario será de luns a venres de 11.30 a 14.00 hroas e de 16.00 a 20.00 horas, mentras que o sábado e domingo, xornadas de maior afluenza, abrirá de xeito continuado en horario de 11.00 a 20.00 horas.

As dúas guías turísticas que están a traballar nestes momentos no Concello (a través dunha bolsa Feuga e doutra do patronato de Turismo Rías Baixas) encargaranse de atender ao público.

“Con este reforzo horario buscamos mellorar a atención a todas aquelas persoas que se achegan a coñecer esta xoia do románico e o seu entorno natural, tendo en conta as datas nas que estamos, con gran afluenza de visitantes e turistas, para darlle máis facilidades á horar de visitar Carboeiro”, sinala o concelleiro de Turismo, Klaus Brey.

O 25 de xullo, entrada libre

A tarifa xeral de entrada e de 1 euros, aínda que hai desconto (0,70 euros)  para maiores de 65, mozos maiores de 16 anos con carné xove ou de estudante, familias numerosas que o acrediten e tamén para grupos. A xornada do vindeiro día 25 de xullo non se cobrará entrada, tal e como recolle a ordenanza, ao igual que no día da celebración do San Lourenzo, en agosto.

Esta iniciativa vén a completarse coa instalación, na Casa da Xuventude, do Punto de Información ao Peregrino, no que tamén se ofertará información a todas aquelas persoas que o precisen sobre recursos e outros datos relacionados co turismo. O horario neste caso é o mesmo que o do  centro municipal (de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas).

 

 

 

 

 

 

Publicado: 2013-07-07