App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

Máis de 500 peregrinos pernoctaron no pavillón da Bandeira durante o pasado ano

Silleda, 11 de xaneiro de 2014. O pavillón polideportivo da Bandeira acolleu durante todo o ano 2013 a un total de 547 peregrinos que fixeron noite nestas instalacións municipais, habilitadas para a estancia de grandes grupos. Estas máis de 500 persoas realizaron o camiño distribuidas en 15 grupos procedentes na gran maioría de distintos puntos de España. Así, entre as expedicións que realizaron a ruta da Prata facendo parada na Bandeira figuran grupos procedentes de Alcalá de Henares, Toledo, Córdoba,Valencia, Badajoz, Valladolid, Madrid, Sevilla, Daimiel, e tamén de cidades de Portugal.

Case a totalidade das reservas foron realizadas durante os meses de xullo e agosto, de maior afluenza de peregrinos.

A estas 547 persoas hai que sumar tamén o paso por Silleda doutros peregrinos que optaron por durmir en albergues, hostais e os que pasaron xa polas instalacións do albergue do Xacobeo da Bandeira, que abriu as súas portas a principios de xullo do ano pasado.

Tamén nestas datas dende a Concellería de Turismo de Silleda se puxo en marcha o Punto de Información ao Peregrino, na Casa da Xuventude, polo que pasaron xa numerosos usuarios do Camiño de Santiago para informarse sobre distintas cuestións e servizos disponibles.

“Esta iniciativa veu a reforzar a atención aos milleiros de persoas que realizan cada ano o Camiño a Santiago utilizando a Vía da Prata e que en moitas ocasións fan parada en Silleda para coñecer o noso municipio dende o punto de vista turístico”, engade a concelleira de Turismo, Margarita Campos.

Para este 2014 xa se comezaron a facer as primeiras reservas do pavillón da Bandeira, que en breves días estrenará cuberta logo das obras de reposición iniciadas hai dúas semanas para poñer fin ás filtracións de auga. Así, para o 21 de xullo xa hai rexistrada unha petición dun grupo procedente de Sevilla, con 300 persoas.

Por outra banda o mosteiro de Carboeiro, o emblema turístico de Silleda está a recibir unha media de 100 visitas semanais grazas ao programa provincial “Coñece a túa provincia”, que continuará ata o vindeiro mes de marzo. Hoxe sábado tamén está previsto que se acheguen ao mosteiro 42 persoas de Madrid e Barcelona, a través do programa para maiores “Señor”.

A inclusión do mosteiro e o seu entorno en iniciativas coma esta está a aportar un destacado número de visitas ao edificio románico.

 

 

Publicado: 2014-01-16