App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día 24/11/2017

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima: 20
Máxima: 13
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

O mosteiro de Carboeiro xa conta cunha oficina de atención ao público

O mosteiro de Carboeiro xa dispón dun local para a recepción de visitantes. Este espazo foi habilitado nas dependencias das antigas cociñas do mosteiro, logo da realización de traballos de conservación e mellora deste edificio, contiguo á sala de exposicións.

Dende o pasado sábado o guía turístico que traballa en Carboeiro a través dunha bolsa da Feuga xa recibe aos visitantes nesta oficina, onde se colocou mobiliario, material divulgativo, libros e tamén unha estufa, mellorando considerablemente as condicións de traballo e a calidade na atención aos visitantes.

Agora, en lugar de acceder ao mosteiro pola porta de entrada á igrexa, os visitantes deben de entrar polo claustro.

O horario de visita mantense, de momento, nas xornadas de xoves e venres de 12.00 a 16.00 horas e sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 17.00 horas. En canto mellore o tempo o horario será modificado de novo, ampliando as posibilidades de visitar un dos monumentos máis emblemáticos do románico en Galicia, ata o que se achegan milleiros de persoas cada ano.

 

 

Publicado: 2014-02-12