App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día 19/11/2017

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima: 22
Máxima: 5
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

Presentado o video promocional do municipio a nivel turístico e a App sobre Carboeiro

O Concello de Silleda vén de presentar dúas iniciativas do departamento municipal de Turismo que axudarán a promocionar e dinamizar o sector no municipio. A App sobre Carboeiro foi realizada por Marcos Briones, que traballou como bolseiro da Feuga como guía turístico do mosteiro o pasado ano. Briones, veciño de Taragoña (Rianxo) explicou que comezou a pensar neste recurso co fin de atraer máis visitas ao enclave de Carboeiro. A través da plataforma Mobincube, de Valencia, deseñou esta aplicación que estará dispoñible xa nos vindeiros días.

 

Está en tres idiomas (galego, castelán e inglés) e no menú figuran dende fotografías, a historia e planos do edificio (onde se poden consultar descripcións e detalles) ata información sobre o sendeiro do Deza, ou a opción de navegar dende a localización dos usuarios ata o mosteiro (usando google maps). Tamén se pode contactar cos perfis do Concello nas redes sociais, consultar o tempo na localidade, ou acceder a un mapa de recursos turísticos da zona. Marcos Briones explicou ademais que se trata de unha aplicación offline, que se pode usar no propio mosteiro ainda que non haxa cobertura de rede.

O alcalde, Manuel Cuiña, destacou o entusiasmo co que traballou Marcos, que realizou o traballo de forma altruista durante os seus ratos libres como guía de Carboeiro. O único custe que asumiu  o Concello son 120 euros anuais, para a plataforma a través da que se fixo e outros 22 para Google Play.

Silleda ten de todo, só faltas ti

Na mesma presentación, tamén se estrenou o vídeo promocional encargado o pasado ano dende a Concellería de Turismo a firma local Upalusa Audiovisuais. Loli Iglesias, unha das autoras foi a encargada de facer a introducción do video, realizado en dous formatos: o presentado hoxe con 3 minutos de duración e outra máis longa de 10 minutos que estará lista en breve.

Con este traballos actualizacións imaxes de Silleda a través de grabacións de calidade en HD. No traballo colabora a Orquestra Sondeseu, que pon a música á creación. “Tentouse resaltar os lugares de interese, dende os máis coñecidos, como Carboeiro ou a fervenza, ata outros enclaves naturais, festas, ou de dar luz ao patrimonio románico de Silleda. Buscamos sacar partido á beleza natural e paisaxística deste municipio que ten un grande potencial”, explicou Loli Iglesias.

O video remata co lema “Silleda ten de todo, só faltas ti”. O custe neste caso, incluíndo tamén os dereitos musicais, é de 2.480 euros.

 

 Na súa estrea nas redes sociais o vídeo esta a acadar un notable éxito. 

Publicado: 2015-03-17