App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día 19/11/2017

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima: 22
Máxima: 5
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

O mosteiro de Carboeiro aplica novo horario de outono a partir do martes 13 de setembro

Silleda, 10 de setembro de 2016-.  O mosteiro de Carboeiro modifica a partir do vindeiro martes o seu horario de apertura ao público, comezando co horario de outuno, ao reducirse as horas de luz natural.

O horario de visita ao mosteiro románico -quecontinuará ata finais de outubro- será de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 19:00 horas, de martes a domingo. Os luns, como vén sendo habitual, as dependencias monacais estarán pechadas. O horario volverá a modificarse a partir de novembro, coincidindo cos meses de inverno e coa correspondente reducción en función das horas de luz natural. Así de novembro e ata o mes de marzo a entrada a Carboeiro será de 110:00 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 horas.

O mosteiro de Carboeiro, a grande xoia do románico oxival galego, segue a ser un dos lugares máis visitados da comarca, e continúa batendo novos récords. Así, se en xullo foron 1.738 as persoas que pasaron polo recinto, a cifra situouse no mes de agosto en 2.736. “Os datos, ano tras ano, seguen a confirmar que o mosteiro de Carboeiro é un dos referentes turístico do interior de Galicia”, engade a concelleira Ana Luisa González, que augura outro “fantástico balance estival”, tendo en conta o récord que se bateu en xuño, con 2.622 visitantes, case tantos coma no mes de agosto –o mes con máis entradas por excelencia-, e os 1.738 rexitrados o pasado mes de xullo.

Dos visitantes de agosto a maioría foron españois, destacando visitantes procedentes de Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade de Valencia. Tamén se achegaron ata Carboeiro en agosto máis de 200 visitantes extraxeiros, de países como Perú, China, EEUU, Francia, Filipinas, Austria, Australia, Rumanía, Alemania, Urugay, Israel, Bélxica, Suiza ou Arxentina, entre outros.

En canto ao perfil do visitante, volve repetirse o esquema do resto do ano: persoas de mediana idade (30-60 anos) que se achegan coa familia para coñecer ou visitar de novo o rico patrimonio, tanto arquitectónico e artístico coma natural, que se agocha na Galicia do interior, en concreto no municipio de Silleda.

 

 

Publicado: 0009-12-06