App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día 18/11/2017

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima: 21
Máxima: 5
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

Silleda e Vila de Cruces pechan o programa Goza do Ulla o domingo 23 de outubro cun roteiro entre Cira e Gres

Silleda, de 13 de outubro de 2016.  O programa Goza do Ulla volta á comarca o vindeiro domingo día 23 cun roteiro intermunicipal coa historia como protagonista. Baixo o lema “Roteiro da historia”, esta proposta que se vén celebrando dende o ano 2011, une aos municipios de Silleda e Vila de Cruces cun roteiro lineal duns 10 kilómetros, coas parroquias de Cira e Gres como protagonistas.

O percorrido, cunha duración estimada de tres horas, partirá dende a praia fluvial de Cira, en territorio silledenses (ás 10:00 horas) e rematará na parroquia cruceña de Gres. O roteiro volverá pasar polos invernadoiros da contorna de Cira, discorrindo de xeito pararlelo pola ribeira do Ulla. Incluirá unha parada na casa natal de Xosé Neira Vilas, onde se sitúa a fundación que leva o seu nome, e rematará na histórica Ponte Ledesma, podendo disfrutar tamén os asistentes das ínsuas de Gres. O regreso farase en autobús ata a praia de Cira, para aquelas persoas que así o desexen.

A natureza e a historia fusionaranse así nesta edición do programa. Á beleza da ribeira do Ulla, cos que lindan polo norte os municipios de Silleda e Vila de Cruces, sumaránse explicacións sobre a figura do escritor cruceño e o episodio do papel desempeñado polos veciños e veciñas da zona na loita contra os franceses durante a guerra da independencia, en marzo de 1809, no entorno da Ponte.

Última cita co programa

As persoas interesadas en participar poden xa anotarse nos Concellos de Silleda e de Vila de Cruces. Recoméndase levar roupa e calzado cómodos e algo de bebida. Dende o Concello de Vila de Cruces habilitarase tamén un servizo de autobús para realizar a ruta, previa inscrición.

Este será o último dos roteiros do programa de Goza do Ulla 2016, que comezou o pasado mes de xuño. Por iso, ao remate do roteiro haberá un pequeno ágape para os asistentes.

O programa Goza do Ulla é unha  iniciativa conxunta  que xurdiu  hai 4 anos, sumando xa 20 concellos nun programa que, sen apenas custes, serve para por en valor o territorio vinculando municipios e comarcas.

Os municipios que forman parte do programa, pertencentes ás provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra,  son  Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, A Estrada, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón , Pontecesures, Palas de Reis, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vedra.

Baixo o nome Goza do Ulla, esta iniciativa de carácter turístico busca dar a coñecer e promocionar o rico e valioso patrimonio dos territorios á beira do Ulla.

 

Cira, coñecida tamén coma a horta de Silleda, é o referente silledense da ribeira do Ulla. En anteriores edicións, esta localidade tamén foi protagonista do roteiro e compartiu percorrido con A Estrada e outras áreas próximas. Nesta ocasión, o programa Goza do Ulla xunta a Cira con Gres, parroquia veciña situada en territorio de Vila de Cruces. Cuna do escritor Neira Vilas, marca a frontera con Boqueixón á altura da Ponte Ledesma, onde se atopa a fermosa ponte medieval de sete arcos, que atravesa o Ulla, río que neste punto forma a fermosa paisaxe das ínsuas de Gres e a súa área recreativa. 

Publicado: 2016-10-14