App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el da

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesa de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

Silleda asina o protocolo de colaboración para a promoción conxunta do “Entroido da Ulla”

O Entroido da Ulla celébrase en vinte e sete lugares e parroquias dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.
 
Os representantes políticos dos oito concellos asinaron un protocolo de colaboración para a promoción deste evento, que remonta as súas orixes a primeira  metade do século XIX.
 
O Concello de Silleda firmou hoxe, o protocolo de colaboración para a promoción conxunta do “Entroido da Ulla – Xenerais da Ulla” no que participan outros sete concellos nos que esta celebración tradicional ten tamén moito calado: Boqueixón, A Estrada, Teo, Touro, Santiago, Vedra e Vila de Cruces. Este acto tivo lugar hoxe a mediodía no Pazo de Raxoi.
 
Tras a sinatura, un grupo de Xenerais da Ulla fixo na Praza do Obradoiro unha representación dun típico “alto” ou “atranque”, elemento central desta festividade, convidando a participar nos múltiples eventos que terán lugar durante o mes de febreiro nun total de vinte e sete lugares e parroquias dos oito concellos.
 
O Entroido da Ulla remonta as súa orixes a primeira metade do s. XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese século: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas. Así os seus principais protagonistas son vistosas figuras que recrean estes momentos históricos.
 
Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.  Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política  ou do corazón, acontecidos durante o ano.
 
O protocolo de colaboración ten coma obxectivo xenérico promocionar conxuntamente as diferentes celebracións do “Entroido da Ulla” que teñen lugar nos oito concellos. Un dos obxectivos concretos que se marcan é a consecución da Declaración de Festa de Interese Turístico, tanto de Galicia como de España.
 
Facer País
 
Neste ano, coa colaboración das Deputacións de A Coruña e Pontevedra, desenvolverase por primeira vez un sitio web, www.xeneraisdaulla.com, na que se poderá consultar a información máis interesante sobre a festividade, así como os diferentes eventos que terán lugar nos diferentes lugares e parroquias. Editaranse tamén un cartel e un folleto promocionais para o primeiro chanzo, segundo palabras de Matías R. da Torre, concelleiro silledense  presente hoxe no acto,"  dunha iniciativa turística conxunta que procura facer País, xunguindo a tradición coa responsabilidade que deben ter os Concellos para dar a coñecer este entroido, respaldando deste xeito decididamente a aquelas comisións e asociacións que  un ano atrás do outro o veñen organizando”.
 

Publicado: 2012-02-03