App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día 20/11/2017

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima: 19
Máxima: 4
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

XIII edición dos Encontros de Música Tradicional en Carboeiro o sábado 2 de Xuño

 

O sábado ao mediodía tivo lugar na Bandeira a presentación da nova edición dos Encontros Musicais de Carboeiro, e xa van XIII. Desta volta, levarase a cabo o dçia 2 de Xuño no noso cenobio románico e  o programa, presentado conxuntamente por membros da entidade organizadora,  a Asociación Intercultural Santa Ferreña e o concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre contén:

 

-Procesión pagá de Santa Ferreña rodeada de cabezudos (recuperando certas tradicións de procesión local)

 

-A exposición "Na punta do pé" , unha mostra de calzado tradicional composta de pezas antigas de zocos e do traballo cos mesmos, completada con fotos antigas e unha pequena achega de marionetas a cargo de "Viravolta". 

 

-Xantar popular a base de carne ao caldeiro, empanada, lapeirada, pan, bebida e café (con gotas), todo por 13€  (a reserva de tickets pode facerse por correo electrónico, enviándoa a santaferrenha@gmail.com, ou no teléfono 658628239). 

 

-A tarde estará amenizada polos grupos de animadores Itaca e Xandobela que farán xogos populares para cativos e menos cativos.

 

-Tamén teremos o grande contacontos  lalinense "Celsiño", co seu espectáculo "Lingua que baila".

 

-Do mesmo xeito, teremos a aportunidade de facermos unha visita guiada pola meirande xoia do románico oxival en Galiza,  a cargo dos profesionais "Tesouros Novos". 

 

-Toda a xornada contará tamén coa participación de grupos de música tradicional chegados de todo o país. 

Publicado: 2012-05-21