App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Festas e Romarías
""
 
Inicio -> Festas e Romarías -> Eventos Culturais

Eventos Culturais

  • Festival
    Esmorga Folk
  • Tardes
    de Primavera
  • Festival
    de Bandas de Silleda
  • Música Tradicional
    de Carboeiro

  • Azaloira
  • Bandas de
    Bandeira

  • Xirandola
  • Gaiteiro
    Solista
Lugar: A Bandeira
Data: Festa da Empanada, en agosto.
Tipo: festival.
Antigüidade: 1989

Nacido no ano 1989 como unha  actividade musical máis dentro  do programa de actos da Festa da Empanada, a  súa aceptación e éxito de  público fixo que pasara a ser considerado o primeiro festival de música celta que se realiza na Comarca de Deza e mesmo no interior de Galicia.
Ao longo destes anos, pasaron polo escenario o mellor elenco de representantes da nosa música que, coas súas actuacións rubricaron a súa importancia dentro do calendario folk galego. Así cabe mencionar a Luar na Lubre, Carlos Núñez, Rumbadeira, Chiculate, Quempallou, Jarbanzo Negro, Berrogüeto, Mercedes Péon, Leilía, Avalón e moitos máis.

No ánimo da organización está que non somentes se trate dunha concentración da nosa cultura, senón dun punto de encontro das culturas doutros países como así o demostra a participación de grupos com Vladimir e Serguev, Cheb Baloski ou John Mccherry entre outros.
A cita é obrigada.

Asociación de Amigos da Empanada
Centro Cultural Vista Alegre
Rúa Vista Alegre nº 16
36570 A Bandeira - Silleda (Pontevedra)
Tlfno.: 986 58 55 50 /  Fax: 986 59 20 04
Correo electrónico: asocvistalegre@terra.es

 

Lugar: Silleda
Escenario: salón - auditorio parroquial “Santa Olaia”
Tipo: festival
Data: finais de maio
Antigüidade: 1ª edición 1990
Grupo Anfitrión: Coral Polifónica Trasdeza

Co nome de Tardes de Primavera, a Coral Trasdeza vén organizando un Encontro de Corais considerado coma o decano dos encontros musicais de canto coral da comarca.

Dentro do seu programa convídanse habitualmente tres grupos procedentes de todo Galicia e mesmo doutras comunidades e países.

Polas tarimas teñen pasado coros das catro provincias, así como de Asturias, León, Navarra, Canarias e Portugal, sendo costume entre os grupos facer intercambios como devolucións de cortesía.
Para os amantes desta especialidade musical, as tardes de primavera serán a cita ideal.

Coral Polifónica Trasdeza
Rúa Progreso, 41
36540 Silleda (Pontevedra)
Tlfno.: 666 976 531   Fax: 986 58 10 28
www.coraltrasdeza.galeon.com


 

 

Lugar: Silleda
Escenario: auditorio “Semana Verde de Galicia”
Tipo: festival
Data: durante o mes de abril
Antigüidade: 1ª edición 1994
Grupo Anfitrión: Banda de Música Municipal de Silleda

O Festival de Bandas de Música de Silleda constitúe o elemento central do programa de actividades que leva a cabo a Banda de Música Municipal de Silleda que, xunto coa Escola de Música comprende a principal área de traballo da agrupación.

A primeira edición ten lugar o venres 19 de agosto de 1.994, como consecuencia do intercambio realizado entre a Banda de Música de Silleda e a Banda de Música de La Gineta (Albacete) no Pavillón do Colexio Mª Inmaculada de Silleda, debidamente acondicionado para a ocasión.

Por parte da agrupación, lévase a cabo unha forte labor de promoción dando a coñecer a celebración deste festival a través do maior número de medios posibles. Os últimos festivais veñen sendo gravados pola Radio Galega.

O resultado desta importante campaña de información e publicidade, así como da coidada organización, consolida este festival como un dos máis destacados da nosa comunidade.

Banda de Música Municipal de Silleda
Rúa Pontevedra, s/nº
36540 Silleda (Pontevedra)
Tlfno.: 986 59 20 04 / 679 73 76 13 Fax: 986 59 20 04
Páxina web: www.bandasilleda.com

 

 

 

 

 

 

Lugar: Mosteiro de Carboeiro
Data: primeiro sábado de xuño
Tipo: festa popular
Antigüidade: 2000

Os Encontros de Música Tradicional no Mosteiro de Carboeiro son a festa que sae da xente, das súas ganas de gozar do que é noso. Vellos e vellas, mozos e mozas e, mesmo pequerrechos e pequerrechas, xúntanse no entorno máxico do Mosteiro de Carboeiro o primeiro sábado de xuño para encontrárense coa nosa cultura. Chegan artistas e artesáns de toda Galicia, pero o importante é que non hai estrelas que suban a un escenario: todas as persoas poden cantar, bailar, tocar, botar un conto, ou simplemente xogar cos zancos ou tomarlle algo e gozar da festa.

E non hai romaría sen a súa patroa: A Santa Ferreña sorrí cada ano, co seu pano na cabeza, a súa saia de flores, e, dende logo, a pandeireta na man, dende que a levan en procesión pola mañá (logo da poxa das andas, como é tradición) ata que os últimos bailadores e bailadoras, xa coa luz dun novo día, deixan o lugar. Porque os Encontros sempre comezan na sesión vermú e duran... ata que o corpo aguante. Nesta xornada máxica pódense ver exposicións, escoitar contos, mirar teatro, gorentar o xantar popular... pero, sobre todo, participar. Botar unhas coplas, sacar uns puntos, pasalo coma nunca. Ou pasalo como sempre: recuperar a diversión tal e como sempre foi nas festiñas tradicionais; construídas entre todos e para todos. Viva a xuventude e a xente vella que non morra!

Asociación Inter-Cultural Santa Ferreña
Centro Cultural Vista Alegre, nº 16
36570 A Bandeira - Concello de Silleda
Telfno.: 658 628 239 / 636 535 815

Lugar: A Bandeira
Escenario: auditorio municipal “Manuel Dopazo”
Tipo: concurso
Antigüidade: 1ª edición 2001
Grupo Anfitrión: Fortín da Pomba
Premios: vestiario, mellor acompañamento, mellor bailarín, mellor bailarina e premios aos tres primeiros grupos de baile.

Azaloira, nome que se da á muller vestida de gala, e xa sinónimo dunha cita das grandes dentro das manifestacións culturais de carácter tradicional na especialidade de baile, que se organizan no Concello de Silleda, especialmente na vila de A Bandeira.

Nacido no ano 2001 como concurso, ten un total de 7 premios económicos, e o rigor e seriedade con que se organiza avalan este evento único na Comarca de Deza, de carácter autonómico, que serve de expoñente actual dos novos modos de bailar dentro do panorama artístico do baile tradicional galego.

Asoc. De Baile Xuvenil Fortín da Pomba
Rúa Vista Alegre, nº 16
36570 A Bandeira - Silleda
Telfno.:  667 492 672
www.fortindapomba.org

Lugar: A Bandeira
Escenario: auditorio “Manuel Dopazo”
Tipo: festival
Data: setembro
Antigüidade: 1ª edición 2002
Grupo Anfitrión: Banda de Música Recreativa e Cultural de A Bandeira

Dende a sa creacin nos anos 80, polos atriles da banda de A Bandeira pasaron moitas horas de formacin e de ensaios para a posta a punto. Os froitos non se fixeron esperar, e con trinta anos de palcos, pasarras e cursos especiais, esta agrupacin xa se consolidou como das mellores agrupacins do panorama bandstico galego, como as o acreditan os premios que figuran nas vitrinas do Centro Cultural Vista Alegre. E as inevitablemente, no ano 2002, unha vez mis houbo que sumar esforzos para ofrecer ao pblico incondicional unha nova forma de presentar os temas musicais.

Un festival onde, comodamente sentados, se puideran apreciar unhas boas audicins compartidas con outras agrupacins. O auditorio Manuel Dopazo dende a inauguracin o instrumento para a celebracin do Festival de Bandas Populares da Bandeira. Ourense, Pontevedra, Lalín e Silleda, entre outras, na compaa da Recreativa, foron testigos e protagonistas desta xa importante manifestacin musical do Concello de Silleda.

Banda de Msica Recreativa e Cultural de A Bandeira
Centro Cultural Vista Alegre, n 16
36570 A Bandeira
Tlfno.: 686 680 725

 

 

Lugar: A Bandeira
Escenarios: o festival internacional na praza da feira e a mostra infantil no auditorio Manuel Dopazo
Tipo: festival
Data: o festival celébrase na 1ª quincena do mes de xullo, coincidindo coa festividade de San Cristóbal no pobo. A Mostra Infantil, na 1ª quincena de maio.
Antigüidade: 1ª edición do festival en 1988. 1ª edición da mostra en 1998.
Grupo Anfitrión: Asociación Cultural Xirandola.

A principal actividade que organiza e desenvolve a Asociación Cultural Xirandola ao longo do ano é o seu Festival de Baile Tradicional no cal, a parte de amosar o traballo de recuperación de música, baile e vestiario levado a cabo ao longo de cada ano, se conmemora o aniversario da agrupación. Este festival, que se leva a cabo na primeira quincena de xullo é o mais antigo de cantos se celebran con estas características na Comarca do Deza.

Nas 24 edicións celebradas ata o de agora, o público que se achega a ver este espectáculo puido ver bailes e folclores traídos por agrupacións doutras localidades galegas; agrupacións doutras comunidades autónomas como Murcia, Cantabria, Andalucía, Castela a Mancha, as Illas Canarias, Euskadi, Aragón e Asturias, entre outras; e agrupacións de alo menos 6 localidades da veciña Portugal.

No mesmo festival tódalas categorías da asociación Xirandola (repartidas por criterios de idade) teñen a súa participación, convertendo esta actividade nunha gran festa dos membros da agrupación e do pobo de A Bandeira.

Anos máis tarde, percibiuse a necesidade de embarcarse na realización dunha Mostra Infantil, na cal se puidera mostrar de xeito máis específico o traballo dos máis novos do grupo. Nos 14 anos de duración desta mostra, esta converteuse nun referente en Galicia en mostras de folclore adicadas a estas idades, participando no mesmo as escolas de baile máis coñecidas e premiadas en diversos certames da nosa comunidade.

Fai uns anos, Xirandola dou un paso máis na programación da Mostra Infantil ao incorporar agrupacións de fóra de Galicia, o que a fai única entre os festivais doutras categorías. A celebración destos dous festivais posibilitan que Xirandola poida acudir a mostras de folclore que se realizan nos lugares de orixe dos grupos que acoden ao mesmo.

Asociación Cultural Xirandola
Rúa Vista Alegre  s/nº
36570 A Bandeira - Silleda (Pontevedra)
Tlfno.: 986 585 196  - 659 951 521
Páxina web: www.xirandola.com

Lugar: A Bandeira
Escenario: auditorio “Manuel Dopazo”
Tipo: certame
Data: mes de outubro
Antigüidade: primeira edición 2007
Organización: Asociación Cultural Vista Alegre
Colaboradores: Concello de Silleda / Novacaixagalicia
Premios: Tres Premios con dotación económica e Diplomas. Premio especial a mellor interpretación obra disco Dopazo.
Como indica a denominación do certame, trátase de premiar aos mellores gaiteiros que amosen un estilo e carácter das pezas esencialmente galegas.

As gaitas deberán ser galegas e o gaiteiro só poderá ir acompañado (un acompañante) de tamboril, caixa tradicional, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento de percusión considerado tradicional, quedando excluídos os de materiais sintéticos.
Como valores, o xurado cualificador ten en conta a afinación, interpretación, dificultade e rigoroso respecto á orixe e recreación das obras que se interpretan.

Asociación Cultural Vista Alegre
Rúa Vista Alegre, nº 16
36570 A Bandeira - Silleda (Pontevedra)
Tlfno.: 986 58 55 50 / Fax: 986 59 20 04
Correo electrónico: asocvistalegre@terra.es