App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 22/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 9
Máxima: 18
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Historia
""
 
Inicio -> Historia -> Prehistoria -> Petroglifos

Petroglifos

Outras mostras da cultura prehistórica a salientar son: a Rocha de Penadauga en Escuadro, cargada de ritos e tradicións, os petroglifos da Pena das Cazolas en Laro, do Chao de Petos en Oleiros, a Peneda do Encanto en Siador, os gravados de Primadorno en Breixa e o conxunto de Pena Longa en Cortegada. Tamén as rochas gravadas da Mámoa da Braña, de Refoxos e as Brazaletas de ouro de 24 kilates atopadas en Barravaite, en Lamela, hoxe no Museo de Pontevedra, forman parte do rico patrimonio histórico do concello. Nesta sección atópanse os xacementos que son doados de visitar.

  • Pena das Cazolas
  • Xacemento Chao de Petos
  • Xacemento da Pena Longa
Situación: Sante. Laro
Época: Idade do Bronce
Cronoloxía: 2000-1500 a.C.
Coordenadas: X: 562.676 Y: 4.721.423  H 29

Os petróglifos localízanse maioritariamente nunha laxe lixeiramente inclinada cara ao SSW, a carón doutra peneda que a cabalga e que foi desprazada do seu lugar orixinal e que tamén posúe algúns gravados na súa cara vertical.

A laxe principal contén unha barroca composición a base de motivos escaleiriformes e dunha vintena de combinacións circulares, asociadas a aqueles. Tamén se observan motivos cadrangulares, cazoletas e unha serie de liñas curvas que se unen aos anteriores.

Estes petroglifos mostran un gran paralelismo cos de Chao de Petos, pola reiterada asociación de círculos e escaleiras.

Ver mapa de recursos

 

 

 

 

Situación: A Laxe. Oleiros
Época: Idade do Bronce
Coordenadas: X: 562.940  Y:4.721.541  H: 29
Cronoloxía: 2000-1500 a.C.

Laxe horizontal a ras do chan. Destacan os motivos circulares, cadrangulares e escaleiriformes, sendo curioso que un grupo deles estea arrodeado por un gran círculo de forma ovalada.

Ver mapa de recursos

 

 

 

 

Situación: A Brea. Cortegada
Época: Idade do Bronce
Cronoloxía: 2000-1500 a.C.
Coordenadas:  X:563.845  Y 4.723.270 H:29

Como Chegar:  Collendo  a estrada de Silleda a Laro, pasando o núcleo de Cortegada, na recta coñecida como dos Chaos, a media distancia, tomando como referencia un peto cunha cruz na entrada dunha casa, cóllese un camiño á esquerda ata chegar a unha granxa. Tan pronto se pasa esa explotación tómase un desvío á dereita e a uns 200 metros nunha toxeira situada á esquerda están as rochas.

O conxunto está formado por tres rochas graníticas con gravados.

A primeira é unha laxa inclinada, con orientación SSL, duns 2,4 m. de longo e 2 m. de ancho, que presenta tres combinacións circulares. O segundo afloramento trátase tamén dunha peneda granítica na que se atopan os gravados en dúas superficies horizontais a distinta altura, de maneira que algúns deles están no fondo dunhas pías naturais. Estas inclúen cazoletas e combinacións circulares. A terceira é unha laxa granítica de grandes dimensións, alongada e plana, que tan só ofrece unha combinación circular de catro círculos de aproximadamente 60 cm. de diámetro.

Ver mapa de recursos

 

 

   

 


Mámoa da Chousa Nova Copa do Castro Castro de Toiriz Pena Longa Chao de Petos Pena das Cazolas