App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Lamela
 
Lamela

Lamela

Lugares: Barravaite, A Brea, A Casela, A Goleta, Gorís, A Peroxa, Santa Cristina, O Souto, Vilariño, A Gandarela. 
Información turistica:

A parroquia de Lamela cultiva unha chaira fértil cruzada pola estrada nacional 525 a Santiago e historicamente pola Vía da Prata. Diso dan boa conta a cantidade de bares e servizos de restauración que a configuran coma un núcleo en progreso, ben coidado e cun trazado urbano fermoso. Ademais ten saída da autoestrada AP-53, que vén a potenciar a fama gastronómica da que goza. Destaca dunha maneira especial o recuperado entroido coa celebración do Alto dos Xenerais tan populares da zona do Ulla. 

A igrexa parroquial, a capela de San Marcos e a Fonte da Peroxa son outros puntos que se poden visitar.

Son de recoñecida fama a Casa Cacheiro de turismo rural e as parrilladas "O Gaucho" e o "Novo Asador".

 
Festividades:

Patrón: S.Miguel. 1ª fin de Semana de Outubro.

Virxe das Dores: 1ª fin de semana de Outubro.

San Marcos. 1 de Maio.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer