App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Martixe
 
Martixe

Martixe

Lugares: Martixe de Abaixo, A Moa, Paradela. 
Información turistica:

O nome primitivo do lugar foi Martis, segundo documento de 1154. Desta parroquia cabe destacar a fermosa paisaxe que conduce a Carboeiro e o feito de ser aquí, no lugar de Paradela, onde se acolle o cámping de 1ª categoría Medelo - Xacobeo 93 e o albergue de peregrinos dependente da Xunta de Galicia Via da Prata.

Polo límite norte, Martixe é testigo do tributo que o río Toxa  fai das súas augas ao río Deza. Coa parroquia de Pazos comparte a Fervenza do Toxa ofrecendo unhas vistas distintas das habituais.

Así mesmo, forma parte da área fluvial da Carixa, excepcionalmente acondicionada para o descanso en familia polo Concello de Vila de Cruces, na parroquia de Merza.

 
Festividades:

San Cristovo. 10 e 11 do Mes de Santiago ( Xullo).

 

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer