App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Negreiros
 
Negreiros

Negreiros

Lugares: O Campo, O Couto, Negreiriños, Outeiro, A Ponte da Pedra, Ribeirao, Riobó, Riocalvo, Sachocos, San Martiño. 
Información turistica:

Bañada polo río Toxa, aparece xa documentada no ano 878 con motivo dunha permuta de terras. O seu templo parroquial destaca polo seu grandioso campanario barroco e, segundo comentan os seus veciños, polo bo son das súas campás. O seu valor arquitectónico descúbrese precisamente no interior, co arco triunfal, capiteis e ábsida, todos eles románicos. Na arquitectura civil destaca a coñecida casa de D. Darío, hoxe propiedade de Santiago Botas, fermoso conxunto con recinto amurallado, galería e capela.

Cruzada pola vía do tren, autoestrada AP 53 e a N.525, é a carón desta última onde hai emprazadas varias empresas de certa importancia dentro do tecido comercial do Concello.

Tamén o Camiño de Santiado, Vía da Prata, ten o seu paso por esta parroquia dispoñendo moi preto, no lugar de Negreiros, dun establecemento de turismo rural, "Hotel Nós". Enlazando coa parroquia de Chapa continúa o trazado superando o río Toxa a través dunha Ponte de Pedra, de orixe medieval. Uns metros antes merece a pena desviarse á esquerda para descansar á beira do Muíño de Covián, (1810) o maior muíño da Comarca, pertencente á parroquia de Rellas. 

 
Festividades:

Patrón: San Martiño. 11 de Novembro..

Celebra as festas na honra da Virxe do Pilar o 1º domingo de Setembro.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer