App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 15/12/2018

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 12
Máxima: 16
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Parada
 
Parada

Parada

Lugares: O Barro, O Cruceiro, Eirexe, Freixeiro, O Outeiro, O Pereiro, Portodabalde, Redemuiños, Souto Nogueira, A Veiga, A Coelleira, Currás, Mediodaldea, O Portapazos. 
Información turistica:

É a parroquia con maior superficie do municipio. O nome delata a súa importancia no paso de camiños de cara ao Ribeiro, a Silleda, o Ulla e mesmo ás Terras de Montes.

No século XVIII estaba integrada na xurisdición de Deza pertencendo á provincia de Lugo e non á de Santiago como ocorría co señorío de Trasdeza.

Esta parroquia marca a fronteira sur do Concello, compartindo propiedade da Serra do Candán, o máis alto de Trasdeza (1014), cos concellos de Lalín e Forcarei, onde celebraban culto a S. Bento. Nestes cumios do Candán temos outro dos miradoiros más importantes do concello e sobre todo un dos espazos protexidos integrados na Rede Natura, onde ademáis de disfrutar da paisaxe e do seu silencio podemos baixar ata o lugar de Grovas facendo da xornada unha excursión inolvidable.

Outra excursión que merece unha atención singularé a Ruta da Auga, promovida pola Asociación de Veciños e integrada no catálogo de sendeiros de Galicia.

 
Festividades:

Patrón: San Tomé. 21 de Decembro.

Santo Antonio. 11 de Xuño.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer