Debe o seu nome a unha antiga ponte sobre o río Deza que comunicaba o concello coas terras do Corpiño, en Lalín.
A historia recoñécelle sona por un machado de bronce, da idade de bronce, que se atopa exposto no Museo de Pontevedra.
Aínda pendentes de preparar para ofrecer ao público, atópanse os muíños situados no curso do río da Gouxa, á altura de Rosende, que cos máis de cinco saltos, deberán figurar entre os espazos naturais e etnográficos a protexer.
Na actualidade esta parroquia coas súas grandes extensións de prados ben emprazados nunha zona llana, goza dunhas inmellorables condicións para a construción de vivendas unifamiliares. Esta característica engadida á proximidade de Silleda co Recinto da Feira Internacional da Semana Verde e a peaxe da autoestrada a Santiago e Ourense avalan esta predición. |