Xestoso é a parroquia situada no nivel máis alto do concello, entre o Monte de S. Sebastián e a Serra do Candán facendo límite co concello da Estrada. Son coñecidas as "Brañas de Xestoso" declaradas zona protexida, que están asulagados de auga facendo honra aos lugares que mencionan no cadro anterior. Forman parte da Rede Natura 2000.
Neles atópase a coñecida Lagoa Sacra, un embolsamento de auga que se produce en épocas de inverno e chuvia por mor das capas freáticas da terra, e que deu orixe a infinidade de contos e lendas populares.
A referencia histórica hai que situala no Castelo de Férveda, enclave feudal destruído polos irmandiños. |