App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 20/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 4
Máxima: 19
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Cervaña
 
Cervaña

Cervaña

Lugares: Alfonsiños, Ouzande, Reguenga, Requeixo, A Cova. 
Información turistica:

Situada na aba do Monte Péon e regada polo Río Cervañiña, afluente do Toxa, posee grandes extensións de pradeiras e terras ricas que a fan aptas para todo tipo de cultivos e explotacións agropecuarias.

O seu recoñecemento histórico veu da man da liñaxe dos Fernández de Deza e Taboada que lle deron o título de Patrón de Cervaña, e que chegou ata o Marqués de Santa Cruz de Rivadulla.

Destaca a capela funeraria e panteón da familia  Fernández de Deza, como espléndido exemplar único da comarca, con fachada plateresca e interior gótico de transición. 

Desta parroquia era Andrés Aguiar Caamaño (1728-1816) que foi bispo de Mondoñedo.

Dende o ano 2003 a súa sona permanecerá unida ao viaducto de Reguenga da autoestrada AP 53 e a peaxe que a sitúa a 9 Km de Silleda e a 23 km de Santiago. 

Dispón dunha das primeiras casas do Concello dedicadas ao turismo rural, a Casa da Laxe.

 

 
Festividades:

Patrón: San Salvador

Nª Sra. da Piedade. 26 de Marzo.

San Roque. 6 e 7 de Agosto.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer