Inicio -> Novas |
‘aCadaCanto’, chega ao Mosteiro de Carboeiro o vindeiro venres día 31 de agostoO mosteiro de Carboeiro será o escenario dun novo concerto. A cita, o vindeiro venres día 31 de agosto será esta vez con aCadaCanto, o quinto traballo discográfico do selo Músicas de Salitre. Artistas coñecidos como Guadi Galego, Guillerme Fernández, Xavier Díaz e Xosé Lois Romero son os artífices do traballo resultante deste xuntoiro de artistas con traxectorias independentes. Aínda que xa teñen coincidido en moitas ocasións, esta é a primeira vez que os catro participan de forma conxunta. O disco foi publicado a mediados do pasado mes de maio. Publicado: 17/08/2012 |