App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O Concello acondiciona o roteiro do Baixo Deza para a cita con Goza do Ulla

 

A Concellería de Turismo de Silleda, que dirixe Klaus Brey, vén de ultimar os preparativos para a celebración do Roteiro do Baixo Deza, que forma parte do programa Goza do Ulla, o vindeiro sábado día 8 de xuño.

O roteiro entre as parroquias de Abades e Cira foi acondicionado nos últimos días por operarios municipais, coa retirada de maleza e o adecentamento do tramo, con 14 kilómetros de lonxitude.

O punto de saída será a Mámoa da Chousa Nova, considerada como a máis antiga de Galicia. O percorrido continuará despois polo Pazo da Viña, a casa natal do escritor Ramón de Valenzuela, un dos elementos que se incorpora nesta edición ao itinerario. O roteiro continuará despois polo conxunto relixioso de Abades, coa igrexa románica e o santuario do século XIX que conta con tallas de Gambino e un singular órgano que funciona con fuelle, ademais de atesourar a torre máis elevada da comarca e a campana máis grande de Silleda.

Melloras da zona de baño e degustacións

A Granxa Escola A Fervenza do Toxa, situada tamén en Abades, será outra das paradas. Aos elementos patrimoniais súmanse outros recursos paisaxísticos e naturais, coma o Salto da Burata ou o fermoso entorno que ofrece a Ribeira do Deza, con bosques autóctonos. Tras pasar por Dornelas e Piñeiro, a ruta remata  na parroquia de Cira.

Alí, o roteiro rematará no lugar coñecido como Xunta dos Ríos, onde o Deza verte as súas augas ao río Ulla.

Precisamente aquí, onde se sitúa a zona de baño de Cira, tamén se realizaron tarefas de mellora e acondicionamento, coa maquinaria municipal,  que servirán tamén de cara a vindeira tempada estival.

Estímase que o percorrido, con dificultade medio-alta, terá unha duración e 4 horas e media. As persoas interesadas en participar poden recibir máis información e inscribirse na Casa da Cultura de Silleda (986 581028). O percorrido tamén se acompañará dunha degustación de produtos típicos da zona. Dende a organización recomendase anotarse no roteiro antes do vindeiro luns día 3 de xuño, para facer a oportuna previsión

Servizo de autobús para o regreso

Recoméndase asistir con calzado e ropua cómoda, auga, algún alimento e chuvasqueiro e protección solar (dependendo da climatoloxía).

Coa organización, a cargo da Concellería de Turismo e a de Participación Cidadá colabora ademais da Agrupación Goza do Ulla (con 18 municipios) a Asociación de Veciños A Costa, de Abades, a Asociación de Veciños de Cira e a Granxa Escola Fervenza do Toxa. Precisamente nesta última tivo lugar esta semana unha reunión para pechar os preparativos do roteiro, na que ademais do concelleiro Klaus Brey estiveron presentes técnicos municipais, veciños de  Abades e responsables da Granxa Escola.

“Ademais da  participación no programa Goza do Ulla, que abre posibilidades de colaboración con outros concellos, tamén se está a potenciar unha das zonas máis fermosas do noso municipio, que conta con moitos atractivos e elementos únicos”.

 

Documentación Adxunta
Publicado: 00/00/0000