App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

A Festa do Lacón volta o vindeiro 12 de xullo á praza da Feira Vella

O vindeiro venres día 12 de xullo terá lugar a XV  Festa do Lacón de Silleda, na praza da Feira Vella. A cita comezará ás 22.00 horas. A Asociación Cultural O Lacón ten previsto inicialmente preparar 220 pezas, asadas e cocidas, aínda que se houbera máis reservas aumentarían o número. O menú inclúe ademais queixo, membrillo, pan… As reservas deben facerse ata o vindeiro día 8. O prezo é similar ao de anos anteriores con entradas a 55 euros (para 5 persoas). Poden mercarse no restaurante Ricardo, Bodegón Esther e no estanco Edicta.

Esta décimo quinta edición foi presentada o pasado sábado 22 de xuño no marco da celebración do Día da Música, cunha degustación ofertada por xentileza da asociación silledense. O cartel é obra do silledense David Bibián. Na presentación, ademais dos membros da asociación participaron tamén a alcaldesa, Paula Fernández e o concelleiro de Turismo, Klaus Brey. Tamén estiveron presentes membros da comisión de festas de Silleda que arrancarán precisamente o vernes 12 de xullo coa cita gastronómica

Publicado: 28/06/2013