App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O vindeiro 12 de setembro volta a Silleda o programa Goza do Ulla, cun roteiro compartido co municipio de A Estrada

 

Silleda, 25 de agosto de 2015. Os Concellos de A Estrada e Silleda participan este ano de forma conxunta no programa Goza do Ulla. Este roteiro intermunicipal terá como protagonistas dúas parroquias limítrofes que pertencen a cadanseu municipio: a localidade silledense de Cira e a parroquia estradense de San Miguel de Castro.

Baixo o nome Roteiro Intermunicipal Natural Ullán, propónse un percorrido de aproximadamente 10 kilómetros, con unha duración estimada de unhas tres horas e con dificultade media. A data de celebración será o vindeiro sábado 12 de setembro.

Tratase dun roteiro lineal que partirá da praia fluvial de Cira e rematará no Couto do Castro, en San Miguel. Discorrerá pola contorna do Castelo de Cira, invernadoiros desta última localidade e continuará paralelo entre o bosque de ribeira do Ulla, xa por terras estradenses, para rematar no miradoiro do Castro de San Miguel, onde os participantes poderán disfrutar de unha impresionante vista ao meandro do Ulla, sobre Gundián Ponte Ulla e como fondo co Pico Sacro.

O regreso está previsto que se faga en autobús ata o punto de partida.

As persoas que desexen anotarse poden facelo na Casa da Cultura de Silleda, ou chamando ao teléfono 986 581028.

O programa Goza do Ulla é unha  iniciativa conxunta  que xurdiu  hai 4 anos, sumando xa 19 concellos nun programa que, sen apenas custes, serve para por en valor o territorio vinculando municipios e comarcas.

Os municipios que forman parte do programa, pertencentes ás provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra,  son  Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, A Estrada, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón , Pontecesures, Palas de Reis, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vila de Cruces e Vedra.

 

 

 

Publicado: 03/09/2015